BARRO, 6 DE NOVEMBRO: DEPUTACIÓN E COLEXIO MÉDICO ORGANIZAN CHARLAS SOBRE O ALZHEIMER EN 42 CONCELLOS DE PONTEVEDRA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 17 de octubre de 2013

BARRO, 6 DE NOVEMBRO: DEPUTACIÓN E COLEXIO MÉDICO ORGANIZAN CHARLAS SOBRE O ALZHEIMER EN 42 CONCELLOS DE PONTEVEDRA

·       Estímase que a enfermedade afecta a unhas 15.000 personas na provincia
·       Cada ano detéctanse 2.000 novos casos nas tres áreas sanitarias de Pontevedra
·       Manuel Seijo, xefe de Neuroloxía do CHOP, participará e coordinará charlas informativas en cada concello
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o xefe de Neuroloxía do CHOP, Manuel Seijo, informaron hoxe en rolda de prensa do acordo entre a institución provincial e o Colexio Oficial de Médicos da provincia para impartir en 42 concellos da provincia charlas informativas sobre a enfermedade do Alzheimer.
O obxectivo é achegar á cidadanía información e formación sobre cuestións de saúde que poden afectarlles directa e indirectamente. Seijo informou que o mal afecta na provincia a unhas 15.000 personas e afirmou que, cada ano, detectanse entre 700 e 800 casos novos en cada unha das tres áreas sanitarias dela.
As charlas serán impartidas por neurólogos que traballan en diversos centros hospitalarios da provincia de Pontevedra, baixo a coordinación do xefe de neuroloxía do CHOP, Manuel Seijo.
Impartiranse en 42 concellos da provincia e terán unha duración de unha hora cada unha.  Comezarán mañá no concello de Cuntis de desenvolveranse nos distintos municipios durante o que queda de outubro, novembro e decembro. (En correo aparte acheganse as datas e lugares de impartición).
Estas xornadas formativas teñen especial importancia porque son unha boa forma de achegar aos cidadáns coñecementos sobre os seus síntomas, cando é preciso consultar ao médico… e en consecuencia, facilitar a diagnose temperá da enfermidade, fundamental para paliar os seus efectos e que gañar en calidade de vida. Cómpre ter en conta que se trata dunha enfermidade que moitas veces se diagnostica con atraso, polo que o labor de información, divulgación e investigación son imprescindibles.
Louzán explicou que a Deputación xa ven colaborando estreitamente coas asociacións de enfermos que hai na provincia - AFAPO (Pontevedra), AFAMO (Moaña), AFASAL (Vilagarcía), AFAGA (Vigo)-, ás que nos últimos 5 anos lles achegou axudas económicas e materiais sobre todo vehículos para desplazamentos de enfermos.
A enfermidade de alzheimer é a 3ª causa de mortalidade entre persoas de avanzada idade, tras as enfermidades cardíacas e o cancro. Segundo os expertos, en España existen hoxe entre 500.000 e 800.000 enfermos, con 150.000 novos casos diagnosticados cada ano, o que converte esta enfermidade nun dos grandes problemas de saúde actualmente. As previsións son que en 2050 o número de afectados en España se eleve ata o millón e medio de persoas.
Seijo destacou a importancia dun diagnóstico precoz, suliñou que sole mostrar síntomas a partires dos 65 anos e dixo que hai moita desinformación sobre este asunto pois é falso atribuir o Alzheimer á vellez. Para él, a clave é un diagnóstico precoz e facilitar medios, sanitarios e materiais, para o remedio do mal.




OCTUBRE 2013


FECHA
MUNICIPIO
HORA
Jueves 17
CUNTIS
18:00
Jueves 17
LA ESTRADA
20:30
Lunes 21
VILLAGARCÍA
20:00
Martes 22
CALDAS
20:00
Miércoles 23
CERDEDO
19:00/19:30
 Jueves 24
VALGA
18:00
Lunes 28
MARÍN
18:30
Martes 29
RODEIRO
17:00
Martes 29
LALIN
19:00
Miércoles 30
ARBO
17:00
Miércoles 30
SALVATERRA
19:30

NOVIEMBRE 2013


FECHA
MUNICIPIO
HORA
Lunes 4
PAZOS DE BORBÉN
17:00
Martes 5
TOMIÑO
17:00
Miércoles 6
MORAÑA
17:00/17:30
Miércoles 6
BARRO
19:30
Jueves 7
PUENTECALDELAS
18:30
Lunes 11
MEAÑO
19:00
Martes 12
REDONDELA
17:30
Miércoles 13
ILLA DE AROSA
18:30
Jueves 14
COTOBADE
19:00
Lunes 18
PONTEAREAS
19:00
Martes 19
TUI
19:30
Miércoles 20
SILLEDA
18:00
Jueves 21
RIBADUMIA
19:30
Lunes 25
A LAMA
18:00
Martes 26
O ROSAL
17:00
Martes 26
A GUARDA
20:00
Miércoles 27
SOUTOMAIOR
17:30
Jueves 28
CRECENTE
19:00

 


DICIEMBRE 2013


FECHA
MUNICIPIO
HORA
Lunes 2
PORTAS
19:30
Martes 3
LA CAÑIZA
18:00
Miércoles 4
CANGAS
18:00
Miércoles 4
MOAÑA
20:30
Jueves 5
MONDARIZ
19:30
Lunes 9
PORRIÑO
19:30
Martes 10
BAYONA
19:30
Miércoles 11
POIO
19:30
Jueves 12
VILA DE CRUCES
18:30
Lunes 16
FORCAREI
18:30
Martes 17
SANXENXO
17:30
Martes 17
CAMBADOS
20:00
Miércoles 18
GONDOMAR
19:30
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario