Son os uniformes escolares boa ou mala idea?
Realmente,
elimina diferenzas un uniforme?
Realmente, non é
discriminatorio que as meniñas teñan que levar saia e os meniños pantalóns?
Realmente, supón
un aforro para os pais e nais?
Realmente evita o
conflito entre pais e fillos á hora de vestirse ?
Sería moi
necesario que a todas esas preguntas respondese a directiva da AMPA do Amor
Ruibal, ou o novo colectivo de pais e nais que acaba de xurdir e que está moi interesado en impoñer o uniforme nun colexio público, que non
podemos esquecer que é publico; para uniformes xa teñen os colexios privados ou
os concertados.
Por que, daquela,
non matricularon os seus fillos neses colexios ?
Señores, eu
escollín un colexio público, por que creo no ensino público e na súa calidade, non por cómo son de
bonitos os uniformes.
Referente ó tema
de que o uniforme evita as diferenzas,
sería tamén moi preciso, regular as mochilas, estoxos, zapatos, e demais
material escolar; e tamén sería bo que o profesorado acudise de uniforme, que
menos para o noso cole.
Pode algo ser
máis discriminatorio que diferenciar rapazas e rapaces cun uniforme con saia
elas e con garabata eles. Si, só faltaría que o vindeiro paso fose separar nas aulas por sexos. ?.
¿ Por que me
obrigan a comprar nunha determinada tenda? Eu quero decidir onde e en qué gasto
o meu diñeiro, non quero pensar que alguén se aproveite da venda en exclusiva
dos uniformes do cole de Barro, xa sería triste.
A solución non é
poñerlles o uniforme e así evitamos o conflito cos rapaces; a función dos pais
é educar e non acomodar ou compracer.
Reflexionemos e
centrémonos nas cousas importantes tales como as dotacións en persoal e
material para darlles os nosos fillos un ensino de calidade, e digo ensino, xa que a educación recíbese sobre
todo no fogar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario