O 10 DE OUTUBRO REMATA O PRAZO PARA QUE OS CONCELLOS DA PROVINCIA DE ACOLLAN AO II PLAN DE EMPREGO DA DEPUTACIÓN - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 6 de octubre de 2013

O 10 DE OUTUBRO REMATA O PRAZO PARA QUE OS CONCELLOS DA PROVINCIA DE ACOLLAN AO II PLAN DE EMPREGO DA DEPUTACIÓN


O 1 de novembro deberán estar traballando os 870 traballadores que a Administración Provincial destina aos municipios

·       O orzamento do programa supera os 3 millóns de euros
·       Trátase dunha medida dirixida especialmente a persoas de máis de 30 anos sen emprego nin prestacións
·       Cada concello poderá dispor de entre 8 e 17 traballadores, en función do número de habitantes
·       Os contratos serán a tempo parcial e cunha duración de seis meses
·       Búscase darlle unha oportunidade ao maior número posible de persoas e dotar aos concellos de recursos humanos para a prestación de servizos básicos
O 1o de outubro é a data límite para que os concellos da provincia que desexen acollerse ao II Plan de Emprego da Deputación Provincial presenten as súas solicitudes, co obxectivo de que antes do 1 de novembro estean formalizados os 870 contratos que a Administración Provincial financiará para que traballadores desempregados presten servizos básicos nos concellos.
Na solicitude os concellos deberán indicar os servizos para os que demandan o persoal e o perfil das persoas desempregadas que precisan contratar, tendo en conta que deberán ir destinadas obrigatoriamente á prestación ou ao desenvolvemento de servizos, tarefas e funcións de carácter prioritario.
870 novas oportunidades
O obxectivo da Administración provincial é darlle unha oportunidade de traballo a persoas que nestes momentos se atopan nunha situación precaria. Por iso, a iniciativa vai dirixida especialmente a persoas de máis de 30 anos que non só se atopen en situación de desemprego, senón que tamén carezan de prestacións ou dispoñan unicamente de prestacións sociais básicas coma o RISGA.
Os contratos serán a tempo parcial e cunha duración de seis meses, co que se busca darlle unha oportunidade ao maior número posible de persoas, ao tempo que se dota aos concellos de recursos humanos para a prestación de servizos básicos.
Nesta liña, cada concello disporá de entre 8 e 17 traballadores, segundo o número de habitantes.
Financiamento íntegro dos custes salariais
Os concellos beneficiarios deste Plan de emprego terán que solicitar os traballadores a través da oficina pública de emprego e encargaranse de tanto de facer a selección do persoal de entre os candidatos remitidos pola antedita oficina como de formalizar os contratos.
Pola súa banda, a Administración Provincial correrá cos custes salariais íntegros destas contratacións, para o que dispón dun orzamento de 3.010.953,60 euros, sendo o salario de cada traballador de 700 euros.
Preto de 3.000 postos de traballo nun ano
Louzán lembrou que este II Plan de Emprego enlaza co I, que está a piques de rematar e que deu traballo a outros tantos desempregados.
A el hai que sumar outras iniciativas coas que a Deputación de Pontevedra está a impulsar o emprego na provincia, atendendo de maneira especial a colectivos con especiais dificultades.
En total son preto de 3.000 os postos de traballo que a Deputación de Pontevedra impulsará ao longo deste ano, entre os que figuran as contratacións de preto de 1.800 persoas entre os anteditos dous Plans de Emprego para a prestación de servizos básicos nos concellos, e dirixidos a persoal sen cualificación e de difícil inserción laboral; e os dos dous Plans de Práctica Laboral tamén en marcha.


No hay comentarios:

Publicar un comentario