§
O departamento educativo da Xunta de Galicia vén de publicar a
resolución, na que se detallan os centros se incorporan á iniciativa e os que
participan nela por segundo ano consecutivo
§
Trátase dunha nova aposta da Xunta de Galicia, enmarcada no Plan Anual
de Formación do Profesorado, pola actualización dos coñecementos dos docentes
como un dos eixos fundamentais para a mellora da calidade educativa
Un total de 76 centros
educativos da provincia de Pontevedra desenvolverán ao longo deste curso 2013/2014
plans de formación do profesorado específicos, adecuados ás particularidades da
súa propia comunidade educativa, ao abeiro da convocatoria realizada pola
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no marco do Plan
Anual de Formación do Profesorado. Na primeira convocatoria destes plans, que
se desenvolveu ao longo do curso 2012/2013, participaron 68 centros educativos
de toda Galicia con cadanseu plan, que implicaron a formación de 1.552 docentes
e un investimento da Consellería de preto de 220.000 euros.
O portal educativo http://www.edu.xunta.es/web/ publica hoxe a resolución na que se detallan
os centros que se incorporan a esta iniciativa – 53 da provincia de Pontevedra
- e os que continúan desenvolvéndoa ao igual que fixeron o curso pasado- 23 da
provincia de Pontevedra-. Trátase, dunha nova aposta da Xunta de Galicia pola
actualización dos coñecementos dos docentes como un dos eixos fundamentais para
a mellora da calidade educativa. Estes plans de formación, para os que a
Consellería prestará o seu apoio económico e humano – a través dos Centros de
Formación e Recursos e do Centro Autonómico de Formación e Innovación- son
ademais unha aposta máis pola autonomía dos centros educativos á hora de
analizar as súas fortalezas e eivas e plantexar estratexias de reforzo, un eido
que tamén se está a traballar desde os contratos-programa.
Liñas
de traballo
As propostas que deberon presentar os centros
xiran arredor dalgunha das sete liñas de traballo contempladas na convocatoria,
referidas á programación, desenvolvemento e avaliación de competencias básicas,
facendo especial fincapé no tratamento das linguas, tanto propias como
estranxeiras; á integración didáctica das novas tecnoloxías da información e a
comunicación (TICs), e ao uso para o traballo cooperativo en rede a través de
espazos virtuais; á mellora da xestión dos centros e dos procesos de calidade;
á convivencia escolar e o clima da aula;
e ás propostas para a atención á diversidade e os cambios metodolóxicos
asociados. As liñas seis e sete foron as referidas ás accións encamiñadas a
mellorar o desempeño profesional docente e á actualización científica e
didáctica do profesorado, e á xestión directiva dos centros, respectivamente.
Para seren seleccionados, cada centro tivo que
propoñer un plan integrado por un ou dous itinerarios formativos en relación
con algunha das devanditas liñas de traballo; itinerarios que estarán compostos
por, polo menos, dúas ou tres actividades, tales como seminarios, cursos ou
grupos de traballo.
Os materiais que xurdan do desenvolvemento de
cada un dos plans que finalmente se autoricen poderán poñerse en común para o
beneficio de toda a comunidade educativa galega e a difusión das boas prácticas
dos centros, en prol dunha mellora da calidade do ensino.
Centros
participantes
A relación
de centros da provincia que participan por primeira vez este curso na
iniciativa é a seguinte:
Nome do
centro
|
Concello
|
CEIP
CABADA VAZQUEZ - CODESIDO
|
A ESTRADA
|
CEIP PEREZ
VIONDI
|
A ESTRADA
|
CEIP A
LAMA
|
A LAMA
|
CEIP DE
AGOLADA
|
AGOLADA
|
CEIP
PLURILINGÜE A PEDRA
|
BUEU
|
EEI DA
PASTORA
|
CAMBADOS
|
CEIP DE
CASTRELO
|
CAMBADOS
|
CEIP SAN
TOME DE CAMBADOS
|
CAMBADOS
|
CEIP
ENRIQUE BARREIRO PIÑEIRO
|
CAMBADOS
|
CEIP PEDRO
ANTONIO CERVIÑO
|
CAMPO
LAMEIRO
|
CEIP
ANTONIO BLANCO RODRIGUEZ
|
COVELO
|
CPI
AURELIO MARCELINO REY GARCIA
|
CUNTIS
|
CEIP CHANO
PIÑEIRO
|
GONDOMAR
|
CEP XOSE
NEIRA VILAS
|
GONDOMAR
|
CEIP
MANUEL RIVERO
|
LALIN
|
CEIP XESUS
GOLMAR
|
LALIN
|
CEIP
CARBALLAL
|
MARIN
|
CEIP DE
SEIXO
|
MARIN
|
CEIP
COIRON-DENA
|
MEAÑO
|
IES DE
MEAÑO
|
MEAÑO
|
CPI SANTA
LUCIA
|
MORAÑA
|
CEIP
CARLOS CASARES
|
NIGRAN
|
CEE DE
PANXON
|
NIGRÁN
|
CEIP
ROSALIA DE CASTRO
|
O GROVE
|
CEIP
PLURILINGÜE ANTONIO PALACIOS
|
O PORRIÑO
|
IES PINO
MANSO
|
O PORRIÑO
|
IES
RIBEIRA DO LOURO
|
O PORRIÑO
|
IES DE
POIO
|
POIO
|
CEIP
PLURILINGÜE DE CHANCELAS
|
POIO
|
CEIP
MANUEL CORDO BOULLOSA
|
PONTE
CALDELAS
|
IES
PONTEAREAS
|
PONTEAREAS
|
CPI DE
PONTECESURES
|
PONTECESURES
|
EPAPU RIO
LEREZ
|
PONTEVEDRA
|
CEIP A
CARBALLEIRA
|
PONTEVEDRA
|
CEIP A
XUNQUEIRA 1
|
PONTEVEDRA
|
IES
MONTECELO
|
PONTEVEDRA
|
IES PEDRO
FLORIANI
|
REDONDELA
|
IES
SALVATERRA DE MIÑO
|
SALVATERRA
DE MIÑO
|
CEIP
PLURILINGÜE DE NANTES
|
SANXENXO
|
IES
SANXENXO
|
SANXENXO
|
IES PINTOR
COLMEIRO
|
SILLEDA
|
CEIP DE
BANDEIRA
|
SILLEDA
|
CEIP DE
SOBRADA
|
TOMIÑO
|
CRA MESTRE
MANUEL GARCES
|
TOMIÑO
|
CEIP ALFONSO
D. RODRIGUEZ CASTELAO
|
VIGO
|
CEIP
CARBALLAL-CABRAL
|
VIGO
|
CEIP O
SELLO
|
VIGO
|
CEIP
VALLE-INCLAN
|
VIGO
|
IES
REPUBLICA ORIENTAL DO URUGUAI
|
VIGO
|
IES SANTA
IRENE
|
VIGO
|
IES FERMIN
BOUZA BREY
|
VILAGARCIA
DE AROUSA
|
CEIP A
LOMBA
|
VILAGARCIA
DE AROUSA
|
CEIP
AREALONGA
|
VILAGARCIA
DE AROUSA
|
A relación
de centros que xa participaron no curso 2012/2013 e repiten este ano é a
seguinte:
Nome do
centro
|
Concello
|
CEIP Amor
Ruibal
|
Barro
|
CEIP Foxo
|
A Estrada
|
CEIP de
Figueroa
|
A Estrada
|
CPI Cova
Terreña
|
Baiona
|
IES Aqua
Celenis
|
Caldas de
Reis
|
CEP
Antonio Magariños Pastoriza
|
Cambados
|
IES Monte
Carrasco
|
Cangas
|
CPI
Progreso
|
Catoira
|
CRA Antía
Cal
|
Gondomar
|
IES Mestre
Landín
|
Marín
|
CEIP A
Guía
|
Moaña
|
CEIP de
Lourido
|
Poio
|
IES de
Ponte Caldelas
|
Ponte
Caldelas
|
CEIP San
Benito de Lérez
|
Pontevedra
|
CEIP
Froebel
|
Pontevedra
|
IES A
Xunqueira I
|
Pontevedra
|
CEIP de
Leirado
|
Salvaterra
de Miño
|
CEIP
Plurilingüe Nº 1
|
Tui
|
CEIP
Paraixal
|
Vigo
|
IES
Audiovisual de Vigo
|
Vigo
|
ESAD de
Galicia
|
Vigo
|
CPI Toural
|
Vilaboa
|
CEP de
Riomaior
|
Vilaboa
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario