34 EMPRESAS FORON ADMITIDAS NO CONCURSO DE IDEAS PARA A CONSTRUCIÓN DO VIVEIRO DE EMPRESAS DE BARRO-MEIS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 8 de octubre de 2013

34 EMPRESAS FORON ADMITIDAS NO CONCURSO DE IDEAS PARA A CONSTRUCIÓN DO VIVEIRO DE EMPRESAS DE BARRO-MEIS



·   Os participantes teñen un prazo de 30 días para presentar as súas propostas.
·       Optarán a un primeiro premio de 6.000 euros, un segundo de 3.000 e un terceiro de 1.000 euros.

A deputación de Pontevedra deu a coñecer os admitidos no concurso de ideas para a obra de construción do viveiro de empresas situado no polígono Barro-Meis. Se presentaron un total de 40 solicitudes das que foron admitidas 34.
A creación destes viveiro de empresa permitirá fomentar iniciativas empresariais ao mesmo tempo que se converte en impulso de emprendemento en toda a provincia de Pontevedra.
O proxecto enmárcase dentro do acordo que a Deputación Provincial acadou coa Fundación Incyde para a posta en marcha de dous viveiros de empresas na provincia, (xunto a este, o de Lalín) cun orzamento de 1,5 millóns de euros dos que o 80% (1,2 millóns) proceden de fondos europeos FEDER.

A través deste concurso premiarase a proposta de proxecto de obra básico, o deseño e a definición das características da obra que albergará un viveiro de empresas nas parcelas A10 e A11 do polígono industrial de Barro-Meis. Ademais da creatividade, se valorará os plantexamentos que teñan un alto valor arquitectónico e estético.

Os admitidos son arquitectos colexiados de xeito individual e equipos multidisciplinares optando a un primeiro premio de 6.000 euros, un segundo de 3.000 e un terceiro de 1.000 euros. Agora deberán proceder á presentación da súa proposta baixo un lema, nun prazo de 30 días tralo cal deliberará o xurado.

Promoción económica
Este  viveiro de Barro-Meis funcionará como estrutura de acollida temporal para emprazar empresas nos seus primeiros pasos no mercado. Os que se asenten neles recibirán formación e a Deputación e o Incyde prestaralles determinados servizos adaptados as súas necesidades concretas para que poidan desenvolver iniciativas empresariais de interese local e contribuír a dinamizar a comarca.

Nos viveiros, as empresas instalaranse de forma gratuíta perante os dous primeiros anos da súa existencia, soportando tan só os gastos xerais de mantemento das instalacións.O proxecto facilitará o labor dos emprendedores de Pontevedra e comarca, dándolle espazos e servizos adecuados para a posta en marcha das súas iniciativas, e servirá tamén de punto de partida para unha estratexia máis ambiciosa de impulso do emprendemento e promoción económica en toda a provincia.



No hay comentarios:

Publicar un comentario