§
680.000 euros corresponden á
área territorial de Pontevedra onde se benefician un total de 39 municipios,
percibindo a maior contía aqueles que
dispoñen de Centro de Información á Muller
§
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o delegado
territorial de Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, presentaron hoxe en rolda
de prensa as axudas e subvencións a entidades locais
§
A Xunta defende a prestación conxunta de
servizos para gañar en eficiencia e beneficios para os cidadáns
A secretaria xeral da Igualdade,
Susana López Abella, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José
Manuel Cores Tourís, deron conta hoxe da resolución da orde de axudas e subvencións a entidades locais para a promoción da igualdade,
que ascenden a 998.000 euros na provincia de Pontevedra, dos cales 680.000
corresponden a 39 concellos da área territorial de Pontevedra.
López Abella destacou
que a resolución destas axudas, que supoñen 3,3 millóns de euros a nivel
autonómico, e que foi publicada recentemente no DOG, reflicte
a aposta do Goberno galego pola cooperación entre municipios e a prestación
conxunta de servizos. Unha cooperación pola que a Xunta seguirá apostando,
convencida de que redunda nunha maior
eficiencia e en beneficios para os cidadáns.
No caso das axudas para fomentar a igualade nos concellos
da área de Pontevedra, este ano 2013 foron un total de 9 concellos os que decidiron
sumar esforzos e desenvolver programas conxuntos de actuación, especialmente na
liña de axudas destinada aos Centros de Información á Muller.
Na área territorial de Pontevedra existen 17 CIMs,
tres deles compartidos entre concellos. Así, contan cun Centro de Información á
Muller, A Estrada, A Guarda, A Lama (compartido con Cotobade e Fornelos de
Montes), Bueu, Caldas de Reis (compartido con Portas e Barro), Poio, Ponte
Caldelas, Ponteareas, Pontevedra, Sanxenxo, Silleda, Vilagarcía, Vilanova, O
Grove e a Mancomunidade de O Salnés (Meis, Ribadumia e Cambados). A estes hai
que engadir o situado en Soutomaior e que beneficia tamén ao concello de
Vilaboa e a Pazos de Borbén.
Os
concellos da provincia de Pontevedra van percibir este ano axudas da Secretaría
Xeral da Igualdade por importe de 680.000 euros, para a posta en marcha de
iniciativas en catro liñas de actuación: a promoción da igualdade, a prevención
e tratamento da violencia de xénero, o fomento da conciliación e o apoio aos
CIMs.
No conxunto da zona,
son beneficiarios nesta convocatoria os concellos de A Cañiza, A Estrada, A
Guarda, A Lama, Arbo, Bueu, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Catoira, Cerdedo,
Cotobade, Cuntis, Forcarei, Lalín, Marín, Meaño, Meis, Moraña, Poio, Ponte
Caldelas, Ponteareas, Pontecesures, Pontevedra, Ribadumia, Barro, Portas,
Vilaboa, Cambados, Rodeiro, Sanxenxo, Silleda, Tomiño, Tui, Valga, Vila de
Cruces, Vilagarcía, Vilanova, O Grove, O Rosal e a Mancomunidade de O Salnés. Ademais, os municipios recibirán un pagamento
anticipado do 60% do importe das axudas concedidas.
Nove municipios da provincia beneficiáronse da
novidade da convocatoria deste ano pola que se primaban as
solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local. Coa
finalidade de lograr unha xestión eficaz e eficiente dos recursos dispoñibles,
a Xunta de Galicia pretendía impulsar e apoiar proxectos de xestión compartida
e, deste xeito, Vilaboa foi un dos beneficiados ao agrupar aos concellos de Pazos
de Borbén e Soutomaior para optar a estas subvencións, así como Caldas de Reis
en agrupación con Barro e Portas. No mesmo caso están Cotobade, A Lama e
Fornelos de Montes.
López Abella
destacou que a resolución destas axudas, publicada recentemente no DOG, reflicte
a aposta do Goberno galego pola cooperación entre municipios e a prestación
conxunta de servizos. Unha cooperación pola que a Xunta seguirá apostando,
convencida de que redunda nunha maior eficiencia e en beneficio para os
cidadáns.
Tres liñas de axudas
As axudas para promoción da igualdade
engloban tres programas
de colaboración coas entidades locais: a promoción da igualdade entre homes e
mulleres e prevención da violencia de xénero; o fomento da conciliación; e o
apoio aos Centros de Información ás Mulleres.
O Programa
de promoción da igualdade entre mulleres e homes está
destinado a medidas como actividades de coeducación dirixidas á poboación infantil e xuvenil ou elaboración de plans municipais de igualdade de oportunidades. A
liña de prevención e tratamento da violencia de xénero a accións de prevención deste problema e
intervencións de carácter integral coas vítimas. Na área de Pontevedra, este programa recibe un total de 72.620,28
euros.
Pola súa
banda, o programa destinado á conciliación subvenciona todas aquelas accións que os
concellos adopten coa finalidade de facilitar a conciliación da vida persoal,
familiar e laboral das persoas traballadoras, como os bancos de tempo ou os
plans de programación do tempo das cidades. Neste caso, os municipios da área de Pontevedra reciben un total de 31.039,45
euros.
Por último, o programa dedicado aos CIM, ten por obxecto colaborar coas
entidades locais no funcionamento destes centros, coa finalidade de garantir a
prestación dun servizo de información ás mulleres e promoción da igualdade, que
lles proporcione asesoramento xurídico e psicolóxico; información sobre
recursos específicos para mulleres, así como o desenvolvemento de calquera
outra actividade que teña como obxectivo prioritario a promoción da igualdade
entre mulleres e homes. Este é o
programa que recibe un maior volume de investimento para os concellos da área
territorial de Pontevedra cunha contía de case 575.072,87 euros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario