Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 29 de marzo de 2014

A DEPUTACIÓN DESTINA 600.000 € AO PLAN DE MELLORA DE INFRAESTRUTURAS NO MEDIO RURAL, QUE SUPORÁ UN INVESTIMENTO DE 5 MILLÓNS DE EUROS




O Pleno aprobou onte a correspondente modificación de crédito
·       A achega complementará os fondos que achega a UE para este fin
·       Realizaranse sobre todo obras de mellora de viais e pistas municipais
A Deputación de Pontevedra investirá preto de 600.000 euros no Plan Estratéxico de Mellora de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM) que executa a Xunta de Galicia e que vai permitir un investimento próximo aos 5 millóns de euros nos 62 concellos da provincia.
A achega da Deputación vén a completar o financiamento da Unión Europea, que é a administración que achega a contía restante, ata completar os citados 5 millóns de euros.
Os 600.000 euros que achegará a Deputación proceden de remanente de tesourería e incorpóranse por medio dunha modificación de crédito que foi aprobada esta mañá no pleno da Deputación.
Este investimento permitirá que se leven a cabo numerosas obras de mellora en camiños e pistas municipais -que serán as que concentren o groso do investimento-, así como noutros servizos como poden ser as redes de saneamento e abastecemento de auga.
Os traballos centraranse en zonas rurais, polo que beneficiarán de forma especial a comarcas como Deza e Tabeirós-Terra de Montes; O Condado; A Paradanta, Salnés, Morrazo ou Baixo Miño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario