Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 22 de marzo de 2014

A DEPUTACIÓN SACA A LICITACIÓN A ASISTENCIA TÉCNICA EDUCATIVA PARA OS CAMPAMENTOS DE A LANZADA



Ofértanse 2.200 prazas para nenos e nenas de 8 a 13 anos

·        O prazo para inscribirse nos campamentos está aberto ata o vindeiro 1 de abril
A Deputación de Pontevedra vén de aprobar o expediente de contratación da asistencia técnico-educativa que se encargará dos campamentos de A Lanzada.
O obxectivo é dotar os campamentos dunha boa programación lúdica e educativa, así como do persoal de dirección e monitores cualificados para a atención dos 2.200 nenos e nenas que participarán nestes campamentos organizados pola Deputación Provincial.
Os campamentos desenvolveranse en 11 quendas de 200 cativos cada unha, sendo a primeira do 22 de xuño ao 28 de xuño e as seguintes en semanas sucesivas, ata rematar na quenda do 31 de agosto ao 6 de setembro.
A Deputación destina 143.000 euros ao financiamento desta asistencia técnica.
Os campamentos están dirixidos a nenos e nenas de entre 8 e 13 anos e teñen unha elevada demanda. Neles, os participantes disfrutan de actividades variadas, relacionadas coa natureza, os deportes, xogos exteriores e interiores, actividades artísticas, de sensibilización ambiental, actividades na praia….
Nestes momentos, está aberto o prazo de inscrición para participar nestes campamentos, que os interesados poderán realizar no rexistro da Deputación ata o 1 de abril.
Dado que habitualmente a demanda de prazas nestes campamentos supera a oferta, farase un sorteo entre todos os inscritos para adxudicar as prazas dispoñibles en cada un dos campamentos.
Deste sorteo daráselle prioridade aos nenos e nenas que non participasen neles o pasado ano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario