Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 22 de marzo de 2014

A DEPUTACIÓN SUPRIME A GALA DO DEPORTE PARA DESTINAR ESES FONDOS, COMPLEMENTADOS CON OUTROS, A BOLSAS A DEPORTISTAS INDIVIDUAIS E CASOS EXCEPCIONAIS DE CLUBES


·       Louzán di que, nunha conxuntura na que caeron os patrocinios, non se trata de facer galas “para maior gloria dos políticos” senón de axudar a quén de verdade o necesita
·       Con eses fins, habilitará unha nova partida de 150.000 €
·       A Deputación xa achega 2,4 millóns para financiar a actividade de todos os clubs federados da provincia
A Deputación de Pontevedra decidiu hoxe, na súa Xunta de Goberno, suprimir a celebración da Gala do Deporte provincial e destinar os seus fondos, complementados con outros, a apoiar a deportistas individuais mediante becas e a clubs en situacións excepcionais.
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, xustificou a medida adoptada en que “xeneralizouse a celebración deste tipo de galas, a nivel municipal e autonómico, así que, nunha conxuntura como a actual o mellor é apoiar a quén de verdade necesita axudas que son os deportistas individuais e os clubs”.
Louzán afirmou que “non queremos unha Gala Provincial do Deporte a maior gloria dos políticos senón que queremos apoiar e axudar a quén, de verdade, o necesita”.
Segundo explicou, moitos destacados deportistas individuais da provincia teñen dificultades de desprazamentos, prácticas, etc. nunha situación en que as empresas patrocinadoras restrinxiron as súas axudas e colaboracións.
Ante esta situación, o goberno provincial decidiu destinar 100.000 € para becas a deportistas individuais e 50.000 € a clubs para situacións e casos excepcionais. No prazo dunha semana, a Deputación elaborará as bases para optar a estas axudas, segundo informou hoxe á comisión de Deportes constituída por membros de todos os grupos políticos e xornalistas que formaban parte do xurado da Gala do Deporte.
Na súa comparecencia, Louzán informou que esta nova iniciativa da Deputación no eido deportivo viña a sumarse aos 2 millóns de euros que xa destina ao apoio da actividade de todos os clubs federados da provincia _con axudas baremadas que oscilan entre os 600 e os 45.000 euros_ máis outros 400.000 € para clubs federados que non teñen asignación precisa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario