Ampliación da Rúa Areal-Perdecanai (carretera cara a Lardoeira) - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 6 de julio de 2011

Ampliación da Rúa Areal-Perdecanai (carretera cara a Lardoeira)

O Concello de Barro está a xestionar neste intre cos propietarios da antiga finca da Avícola de Galicia e o Ministerio de Fomento(MOPU) a ampliación da Rúa Areal (Perdecanai), segundo o Plan Xeral de Ordenación Municipal(PXOM), para un ancho total de 20 metros e a posibilidade de crear un carril de espera na N-550 ou unha semilunar para facilitar a entrada á mesma e posible xiro.

O goberno local de Barro leva meses facendo ditas xestións diante dos organismos competentes da Administración do Estado e pechando acordos cos veciños e propietarios que poidan seren afectados. Todo isto enmárcase dentro dun plano de actuación que o goberno local comezou a executar coa implantación da acera ó carón da promoción Adelfa hai pouco máis de mes e medio. Cabe sinalar que José Antonio Landín, o mesmo día das eleccións municipais, prometeulle ós veciños a adecuación de dita acera nun prazo breve de tempo.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario