EDUCACION: A Xunta oferta 225 prazas nas súas residencias para o aloxamento dos estudantes durante o curso académico - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 10 de julio de 2011

EDUCACION: A Xunta oferta 225 prazas nas súas residencias para o aloxamento dos estudantes durante o curso académico

 A Consellería de Traballo e Benestar ofrecerá un total de 15 prazas para colaboradores-bolseiros, que contarán con estadía e manutención gratuíta

As prazas ofértanse nos centros propios que a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ten en Lugo, Ourense e Vigo

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, oferta nas súas residencias un total de 225 prazas para os mozos e mozas, nas que disporán de aloxamento e mantenza durante o próximo curso académico. Ademais, nestas instalacións ofreceranse tamén actividades educativas complementarias, que fomentarán os valores culturais, sociais e deportivos.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde do 23 de xuño de 2011 polo que se convocan estas prazas para o curso 2011/2012 en réxime de internado. Ademais destas 225 prazas, a través da orde do 24 de xuño que tamén se publica hoxe, ofértanse outras 15 para colaboradores-bolseiros, que contarán con estadía e manutención gratuíta.

As 225 prazas distribúense nos centros propios dependentes da Consellería. En concreto, ofértanse 76 prazas no centro residencial “Lug” en Lugo; 55 na residencia xuvenil Florentino López Cuevillas de Ourense; e 94 na residencia Altamar de Vigo.

Poderán solicitar estas prazas os estudantes que non superen os 30 anos de idade, de ciclos formativos de grao medio ou superior, de bacharelato, ou de estudios universitarios. A cota mensual a pagar por cada estudante residente será de 263 euros cada mes.

Por outra parte, as 15 prazas para colaboradores-bolseiros convócanse co fin de favorecer o acceso ao ensino universitario ou aos ciclos formativos de grao superior a aqueles estudantes con escasos recursos. Deste xeito, aquelas persoas que obteñan estas prazas terán a súa estadía e manutención de xeito gratuíto, e desenvolverán actividades de dinamización no centro.

O número de colaboradores distribúese do seguinte xeito: 4 no centro residencial “Lug”; 5 na residencia de Florentino López Cuevillas; e 6 na residencia Altamar.

Os requisitos para acceder a estas prazas é ser estudante maior de 18 anos e menor de 30 anos, que se atopen cursando estudos universitarios nunha facultade ou ciclo formativo de grao superior.

No hay comentarios:

Publicar un comentario