O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha Orde pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión de axudas coa fin de paliar os danos producidos nas explotacións gandeiras polos ataques do lobo.
O obxectivo destas axudas é conciliar o interese pola pervivencia do lobo xunto co traballo dos gandeiros, polo que estes apoios económicos teñen un carácter compensatorio, para reparar os danos ocasionados sobre o gando vacún, ovino, caprino, equino e porcino de Galicia.
A dotación orzamentaria para esta liña de actuación increméntase en 11.901 euros respecto ao presuposto inicial, polo que para o ano 2011 destinaranse 131.901 euros a estas compensacións. En canto o importe das axudas que corresponden ao suposto de morte, este estará condicionado á existencia de crédito orzamentario (cunha serie de baremos en canto a especie, clase e idade) mentres que, no caso de animais feridos, a axuda estimarase en función dos gastos veterinarios producidos e acreditados.
Gandeiros beneficiariosCalquera gandeiro afectado por un ataque do lobo poderá solicitar estas axudas compensatorias. Porén, quedarán excluídos os propietarios de gando vacún leiteiro que teña nas últimas 3 convocatorias de axudas un número de animais mortos superior a 5, por entender que non se acordaron medidas preventivas. En todo caso, o gando deberá pertencer a unha explotación incluída no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras de Galicia, estar identificado e saneado de acordo coa normativa aplicable para o efecto.
Incremento orzamentarioOs 120.000 euros destinados a estas axudas no período anual vixente establecido para atender as solicitudes increméntase en preto de 12.000 euros, polo que o departamento que dirixe Samuel Juárez prevé esta ampliación orzamentaria para satisfacer as solicitudes que se presenten.
miércoles, 13 de julio de 2011
New
AGRICULTURA: Axudas para paliar os danos producidos polo lobo, para os os propietarios de gando porcino, ovino, caprino, vacún e equino.
XM de Voz de Barro
Voz de Barro. Mail: vozdebarro@gmail.com
xunta
Etiquetas:
medio rural,
xunta
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario