A Deputación de Pontevedra aprobou na súa última xunta de goberno, as axudas de Cultura para o ano 2011, por un importe total de 392.000 euros. As subvencións son para a mellora de infraestruturas (300.000 euros) e para vestiario e instrumentos (92.000 euros).
Estas subvencións posibilitarán a realización de 179 actuacións.
No apartado de axudas para Instrumentos e Vestiario, o orzamento é de 92.000 euros e o número de entidades beneficiarias na provincia, de 105. As axudas oscilan entre os 300 e os 2.000 €.
Na comarca de Pontevedra, algúns dos grupos, entre outros, que recibirán subvencións son: Grupo de Gaitas Lembranzas de Barro; Asoc. Cult. Os Trazantes de Tenorio; Banda de música Unión de Tenorio; Agrupación Nos Tamen imos de Ponte Caldelas; Asoc. Cultural Buchabade; Coral Polifónica Valdarrosa de Ponte Caldelas; Asociación Duos Pontes; Cultural San Martiño Salcedo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario