A Agrupacion Socialista de Barro, e no seu nome o secretario xeral de Barro, José Luis Abal Coutoquere expresar o seu total apoio o desenvolvemento do poligono industrial de Barro- Meis, considerando que é unha das infraestructuras mais importantes que ten barro para o crecemento do municipio.
Sen embargo, o Partido Socialista de Barro non permitira a instalacion de ningun tipo de empresa que poida causar algun dano para os veciños ou prexudicar dalgun xeito o desenvolvemento doutros sectores de relevancia na economia do municipio, como pode ser o sector vitivinícola...A Agrupacion Socialista de Barro respalda o acordo unanime asinado polo seu voceiro municipal, José Sanmartín, xunto cos voceiros das demais forzas politicas da corporacion e os presidentes das comunidades de montes, no que se aproba a elaboracion dun regulamento a ratificar polo pleno do Concello que concrete aquelas actividades que por considerarse nocivas ou perigosas non se poderan instalar no poligono de Barro-Meis, co fin de darlle tranquilidade a poboacion das parroquias afectadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario