O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas asinou un protocolo co alcalde de Barro para a conexión alternativa á estrada N-550 - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 15 de julio de 2011

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas asinou un protocolo co alcalde de Barro para a conexión alternativa á estrada N-550

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas asinou un protocolo xunto co alcalde de Barro, José Antonio Landín Eirín, para a conexión alternativa á estrada N-550, que mellorará as comunicacións e o desenvolvemento dos novos sectores residenciais de solo urbanizable previsto no PXOM de Barro para o lugar de Valbón, evitando o aumento do tránsito rodado no núcleo urbano de San Antoniño.

A lonxitude desta infraestrutura é de 1.200 metros, cun ancho de calzada de 12 metros, xa que se definirán dous carrís de 3,5 metros, unha beirarrúa de 3, e unha zona verde de 2 metros de ancho, co fin de integrar a infraestrutura co contorno, á vez que se mellora a seguridade dos peóns.

O vial discorre por un treito do Camiño de Santiago na súa conexión coa estrada PO-0506 (Curro-Portela) que se resolverá cun trazado alternativo para o Camiño. Neste caso discorrerá bordeando a rotonda proposta cunha anchura de 23 metros aproximadamente. Respectarase a zona lateral de protección cunha franxa de 3 metros entre o treito proposto e a rotonda. O proceso de delimitación e deslinde será conforme ao establecido na Lei de Protección dos Camiños de Santiago.

O conselleiro Hernández destacou que, nestes tempos de dificultade, o entendemento entre as administracións non é unha opción, é unha obriga de todos os responsables públicos. Afirmou que só deste xeito se conseguirá sacar o máximo rendemento dos investimentos realizados con recursos públicos, cuxo fin último é procurar a mellora da calidade de vida de todos os cidadáns.





No hay comentarios:

Publicar un comentario