EDUCACION: O Centro Superior de Hostalería de Galicia celebrará mañá unha xornada de portas abertas para futuros alumnos - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 8 de julio de 2011

EDUCACION: O Centro Superior de Hostalería de Galicia celebrará mañá unha xornada de portas abertas para futuros alumnos

Sabemos que en Barro hai moita xente que estudou no Carlos Oroza en Pontevedra, e outras persoas potencialmente interesadas no tema. Deixámosvos esta noticia.

O Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) abrirá mañá, sábado 9 de xullo, as súas portas para aquelas persoas que queiran estudar dirección hoteleira ou xestión en cociña. A cita será a partir das 12,00 horas e as persoas interesadas poden concertar unha cita chamando ao número de teléfono 981 54 25 19 ou enviando un correo electrónico á dirección info@cshg.es

A visita empezará ás 12,00 horas do mediodía e constará dun traxecto polos cinco edificios que forman un centro preparado para a formación realista en dirección hoteleira. Neste acto, participarán profesores e alumnos que estudan actualmente no Centro Superior de Hostalería de Galicia.
 
Actualmente, está aberto o prazo para facer as probas de acceso para estudar no Centro Superior de Hostalería de Galicia. Máis información na web www.cshg.es.

No hay comentarios:

Publicar un comentario