A cata-degustación da cervexa artesá Saramagal (Barro) promovida a través dos fondos Leader puxo o broche final a Asemblea Xeral do GDR Pontevedra-Morrazo, na que se fixo balance da xestión realizada. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 6 de julio de 2011

A cata-degustación da cervexa artesá Saramagal (Barro) promovida a través dos fondos Leader puxo o broche final a Asemblea Xeral do GDR Pontevedra-Morrazo, na que se fixo balance da xestión realizada.

O martes 28 de xuño celebrouse, no salón de actos do Pazo de Cultura do concello de Pontevedra, a reunión ordinaria da Asemblea Xeral do GDR Pontevedra- Morrazo presidida polo Alcalde de Pontevedra e Presidente do GDR, D. Miguel Anxo Fernández Lores.
 
Entre os asuntos tratados, deuse conta dos proxectos, fundamentalmente produtivos, tramitados a través do GDR por un importe total de 1.015.019,34 euros de subvencións concedidas. Estas iniciativas supoñen un investimento total (público+privado) nas nosas comarcas de mais de 2.834.191,89 euros. A tipoloxía de proxectos financiados abranguen  actuacións en diferentes ámbitos; sector agro-forestal, melloras ambientais e do contorno rural, e sobre todo iniciativas de diversificación da economía e mellora da calidade de vida, creación e modernización de Pemes eta. (Xuntase listado de proxectos)

Así mesmo destacouse na asemblea , a importancia destas axudas nun contexto de crise e incertidume como o actual, xa que estes proxectos,  ademais do efecto arrastre que supoñen os investimentos e actividades para o territorio, comprometen a creación e consolidación de máis de 52 empregos (52.36) dos cales 20,25 son de nova creación.

Ademais, ratificouse a  proposta de nomeamentos de vogais para a xunta directiva, aprobáronse as contas anuais do 2010 e o informe de xestión, dando conta da situación financeira do Grupo e do Programa LEADER 2007-2013. Asimesmo, informouse de diferentes asuntos, como a participación do GDR pontevedra-Morrazo en diferentes proxectos de cooperación interterritorial do MARM, das propostas de cooperación entre GDRs de Galicia e de cooperación da xunta, dos plan e Consellos de zon.

Como colofón, Todos os socios asistentes puideron degustar, de xeito guiado, a cervexa artesá Saramagal, feita con moita paixón, nunha microcervexería de Agudelo (Barro) e subvencionada con 7.295,84 euros de fondos Leader. Un acto sinxelo no que se mesturaron aspectos técnicos de elaboración, ingredientes, e a peripecia persoal e emprendedora dos promotores.

Para máis información 695.333.087
www.saramagal.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario