Johnny Güimil. con 35 anos, nacido en Curro, e actualmente nas Baladas é mestre de música, e tamén mestre do Grupo de Danzas Amor Ruibal de Barro, que a última semana de agosto irá máis alá dos Pirineos para participar nun festival na cidade de Praga, na República Checa.
¿Que fas agora Johnny, que che ocupa o teu tempo?
Actualmente son mestre de baile no Grupo de Danzas Amor Ruibal de Barro dende o mes de novembro de 2010, donde estou traballando con nenos e nenas dende os 4 anos en diante. Como ben sabedes "Amor Ruibal" ven de organizar hai uns días o XXIII Festival das Tradicións ou Festival de Folklore de Barro, no Pazo da Crega, facendo máis especial se cabe este evento, onde participaron varios grupos da provincia.Dareivos unha primicia se podemos chamalo así: No mes de agosto e por primeira vez na súa historia, o grupo de danzas Amor Ruibal, irá máis alá dos Pirineos. Participarán nun Festival Internacional na fermosa cidade de Praga, na Rep. Checa do a última semana de agosto. Alí levarán o nome de Barro con moito orgullo representando a Galicia
¿Johnny cal é a tú andanza profesional no mundo do baile?
Son integrante da Agrupación Folklórica CELME desde o ano 1994 e participei con este grupo en Festivais Internaicionais tanto en toda España, recorrendo todas as comunidades autónomas da Península, así como en Europa e América. Falando de América quero destacar a invitación por parte da Peña Galega de Los Ángeles, en Estados Unidos, no ano 2005 onde percorrín con CELME lugares como San Francisco, Los Ángeles, Hollywood, Beverly Hills, San Diego, Santa Mónica e Las Vegas. Levamos o folklore galego alá onde había galegos. Gustaríame dicir que ademáis o presidente da peña galega é de Portas, concretamente de Romai, polo tanto veciños daquí ó carón noso.
¿Que foi o que máis che sorprendeu nesa xiras europeas e americana?
A incredulidade. Moitos europeos e tamén os americanos, cando ven un grupo “Español” representado por gaiteiros e rapaces e rapazas saltando con tanta forza. O que primeiro esperan son as castañuelas, as guitarras e as sevillanas, pero ó longo duns minutos quedan engaiolados pola forza e beleza do noso folklore.
E como se di no mundo da prensa, a actualidade máis rabiosa contaríasnos que....
Estiven participando, colaborando coa banda de gaitas Os Coribantes de Buchabad, de Pontecaldelas, hai dúas semanas, no Festival Internacional de Picanya (Valencia) , e como non, participando tamén no desfile de Moros y Cristianos.
O próximo venres 22 partirei con CELME de novo a terras Escocesas, participando durante unha semana no festival internacional dos DUNEDIN DANCERS (http://www.dunedindancers.org.uk/public/festival.php) mostrando o noso folklore en Edimburgo, Glasgow e máis poblacións do pais ata o primeiro de agosto.
Pois ata eiquí, tivemos a visión do folklore galego, da man de Johnny, tal e como se coñece por Barro. E agora ahí van algunhas fotos deste home "en acción".
No hay comentarios:
Publicar un comentario