A  maior parte deste investimento estará cofinanciado a partes iguais  entre a Xunta de Galicia e a Administración Xeral do Estado e  distribuirase entre distintas actuacións, que abarcan ámbitos como a  dinamización e a promoción turística, con máis de 4,5 millóns de euros;  saneamentos e abastecementos, para os que se prevé destinar preto de 2,5  millóns de euros, e máis de 1,5 millóns de euros destinaranse á mellora  dos servizos sociais.  
Entre  as actuacións, destaca a construción do Laboratorio de Mouriscade, para  dar servizos aos gandeiros e agricultores galegos, con máis de 2  millóns de euros de investimento previsto. Neste proxecto colaborará a  Deputación de Pontevedra.
Proposta ao Ministerio
Dentro das propostas que a Xunta de Galicia formula ao Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino  (MARM), no marco das actuacións financiadas integramente polo Goberno  central, figura a realización de melloras no Mercado Gandeiro Semanal de  Silleda, con máis de 600.000 euros de investimento previsto, así como  as melloras de sinalización dos camiños de Santiago, tanto na “Ruta da  Plata”, como nos camiños de inverno, cunha dotación de algo máis de  160.000 euros.
A zona
A  zona de Pontevedra Norte- Rías Baixas abrangue os concellos das  comarcas de Deza- Tabeirós, Caldas e Salnés e os municipios da Estrada e  Barro, que de conformidade co PDRS 2010-2014 están representados por  tres alcaldes designados pola FEGAMP, organismo que neste caso designou  aos alcaldes da Estrada, Illa de Arousa e Viladecruces, como  representantes da zona. Ademais o presidente do GDR Terras do Deza,  asistiu en representación dos GDRs Terras do Deza, o Ulla-Umia-Lérez,  Morrazo e Salnés. Estiveron presentes tamén representantes das distintas  consellerías e abrirase á participación dos distintos entes  representativos da zona. 
Máis de 170 millóns en toda Galicia
O  financiamento de todos os plans de zona previstos en Galicia suporá un  investimento público de máis de 170 millóns de euros, que se reparten  entre as diferentes áreas en función duns criterios preestablecidos que  atenden á prioridade, o que fai que se destine practicamente a metade  dos recursos a zonas a revitalizar de prioridade 1, criterios que se  establecen na Lei 45/2007 de desenvolvemento sostible do medio rural  e que, en Galicia, delimita 12 zonas, co obxectivo de cubrir a maior  parte do territorio co maior nivel de prioridade. O mapa definitivo foi  aprobado polo Consello da Xunta en marzo de 2010. 

No hay comentarios:
Publicar un comentario