Para a xente de Barro que teñades familiares fora de España, posiblemente lles interesen.
A Secretaría Xeral da Emigración e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria veñen de anunciar os cursos preparatorios, con carácter gratuíto, para os niveis Celga e de extensión cultural, para galegos e galegas residentes no exterior e persoas interesadas no idioma e na cultura de Galicia.
Os cursos con presenza física e profesorado impartiranse naquelas cidades do estranxeiro cunha relevante colonia galega e onde exista unha importante demanda no coñecemento da lingua galega, pero Emigración e Educación lembran que, a través da rede, pódense cursar tamén estes estudos.
Os destinatarios e destinatarias da iniciativa son, de maneira preferente, os galegos e galegas residentes no exterior, así como os seus descendentes directos, aínda que poderán participar tamén outras persoas interesadas no idioma e na cultura galegos, malia que non teñan vinculación familiar coa Comunidade Autónoma.
4 ou 5 horas diarias
O número mínimo de asistentes para cada curso será de 20 persoas e o máximo de 30, agás casos excepcionais debidamente xustificados. Se durante a realización dos cursos o número de asistentes non acadase un mínimo significativo, a Secretaría Xeral da Emigración, conxuntamente coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, poderá acordar a cancelación do curso.
Os cursos terán unha duración de 75 horas, e a inscrición e participación nos cursos será gratuíta para todos os e as participantes, sen que as persoas beneficiarias teñan que aboar cantidade ningunha por ningún concepto. Realizaranse con carácter intensivo (4/5 horas día), pero o horario das clases axustarase no posible ás necesidades dos solicitantes.
O curso terá unha duración ordinaria dun mes, pero excepcionalmente, poderá estenderse ata catro meses cando existan profesores de galego xa desprazados nos lugares en que se impartan, ou ben cando se concedan dous ou máis cursos a entidades radicadas na mesma cidade, sempre que coincidan nas mesmas datas
Tres tipos de curso
Son tres os tipos de cursos para os que se convoca este anuncio. O primeiro son cursos de lingua galega preparatorios para as probas Celga e de extensión cultural, dirixidos aos centros galegos radicados fóra de Galicia interesados en fomentar o coñecemento da lingua e cultura galega.
O segundo tipo é a modalidade “Galego na túa cidade”. Trátase de cursos de lingua galega preparatorios para as probas Celga, dirixidos a persoas residentes no exterior e que estean interesadas no coñecemento da lingua galega.
Finalmente, existe unha terceira posibilidade que é a modalidade en liña. Son cursos preparatorios para as probas Celga nivel 1, impartidos a través da rede e convocados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística a través da súa páxina web oficial (www.xunta.es/linguagalega)
domingo, 17 de julio de 2011
New
EDUCACION: Convocados os cursos gratuítos e oficiais de galego para residentes no exterior
XM de Voz de Barro
Voz de Barro. Mail: vozdebarro@gmail.com
educación
Etiquetas:
educación
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario