SARAMAGAL: Artesanía,amizade e familia únense para darlle impulso á cervexa de autor de Barro!!! - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 6 de julio de 2011

SARAMAGAL: Artesanía,amizade e familia únense para darlle impulso á cervexa de autor de Barro!!!

“Saramagal: unha tarde, dous amigos, unha idea, un soño.
Hoxe saboreades  a nosa idea, bebédesvos o noso soño”
Empresa galega 100% que está a cabalo entre Tui na parte administrativa, e fabrica que está en Faxil, Agudelo (Barro), Quique e Anxo afirman con rotundidade: "Considerámonos de Barro, xa que aquí, formulamos (I+D), producimos, embotellamos e etiquetamos, a nosa cervexa

En Tui só facemos as facturas, emails, burocracia e demáis.

Somos dous socios, Quique e Anxo, moi, moi, moi axudados polas nosas mulleres Conchi e Marta.

Marta, dinos Quique "é a miña muller e deseñadora de interiores. A etiqueta, o poster, os folletos fíxoos a miña ela, a páxina web tamén a deseñou a miña muller, xunto cos rapaces de Quadralia".

Pola outra banda a muller de Anxo, "a miña comadre Conchi, axúdanos en toda a burocracia de Rexistros Sanitarios, Industriales, Libro de Alcohois, libro de mostos, etiquetar, embotellar, chapar e ademáis a elección de Agudelo como lugar de nacemento de SARAMAGAL debémosllo a que os terreos eran seus". 

Como ben vedes, dinos Quique, "todo é moi familiar, ademais de artesanal".

Agardamos que disfrutedes de SARAMAGAL amig@s!!!



1 comentario:

  1. Yo tuve la suerte de probar esta maravillosa cerveza en la Fabrica de Tui, la cafetería del Centro Interfederado, tiene un pronunciado amargor en la garganta y deja al final sabor a café.
    Felicidades a los promotores de Saramagal! Seguid así!

    ResponderEliminar