Saúde: Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ten en marcha dende o 1 de xullo o "Programa Onda de calor ". Consulta Sanitaria 902 400 116 - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 4 de julio de 2011

Saúde: Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ten en marcha dende o 1 de xullo o "Programa Onda de calor ". Consulta Sanitaria 902 400 116

O obxectivo deste programa é previr os efectos das vagas de calor entre os grupos de poboación máis susceptibles ante as altas temperaturas

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, organismo dependente da Consellería de Sanidade, ten en marcha, dende o 1 de xullo, o programa “onda de calor”, en colaboración con Atención Primaria e Saúde Pública. O obxectivo deste programa é contribuír á prevención dos efectos das vagas de calor entre os grupos de poboación máis susceptibles ante as altas temperaturas.

Existen varios grupos da poboación que están máis expostos aos efectos nocivos das altas temperaturas, que de forma mantida danse na época estival: os nenos, os anciáns e as persoas polimedicadas.
“Onda de Calor” está dirixido a un grupo moi concreto de persoas, nas que ademais de factores físicos conflúen factores sociosanitarios que poden supoñer un aumento no risco de sufrir percances graves durante os días nos que se dean condicións de onda de calor: os pacientes maiores de 65 anos, que teñan máis dunha patoloxía crónica, polimedicados e que viven sos ou cun cónxuxe de similares características e que reciben escasas visitas .

O programa “Onda de calor” lévase a cabo grazas a colaboración e coordinación entre Atención Primaria, a Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, e a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Este última, a través do servizo de Consulta Sanitaria 902 400 116, que conta entre a súa plantilla con persoal de enfermaría especializado en educación sanitaria de forma telefónica. Todo elo, no marco do Plan de Xunta de Galicia 2011 fronte a unha posible vaga de calor, que está operativo dende o pasado 1 de xuño.

A actividade realizada por Consulta Sanitaria ofrece a oportunidade de actuar de xeito preventivo sobre posibles eventos patolóxicos desencadeados pola exposición a altas temperaturas, baseada na previsión e a educación sanitaria persoalizada vía telefónica, sen necesidade de sobrecargar a estrutura asistencial da atención primaria de saúde. Atención Primaria, a través dos seus equipos de saúde, encargase de detectar e comunicar á Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aqueles pacientes que entren dentro do grupo que vén definidos como obxectivo dentro do programa. Por outra banda, é a Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública a que comunica as situacións ambientais que constitúen a alerta sanitaria.

Condicións de risco
O programa “Onda de Calor”, entra en funcionamento os días nos que se dean as condicións de risco que no plan da Xunta de Galicia 2011 veñen definidos como de alerta laranxa e alerta vermella, e que fan referencia non só a condicións estritas de temperatura alta, senón, tamén, a outros parámetros ambientais (mantemento de ditas temperaturas, humidade, etc.).

Nestes días, desde a Central de Coordinación da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 realizaranse intervencións telefónicas individualizadas con chamadas directas desde o servizo de consulta sanitaria ás persoas inscritas para lles informar da situación de alerta correspondente e facerlles chegar as recomendacións básicas preventivas para combatir os efectos da calor. Ditas chamadas preventivas realizaranse ás persoas que estean inscritas no programa, grazas aos datos facilitados por Atención Primaria, e que vivan nos municipios onde se produza a alerta.

Como en calquera outra demanda xerada a través do número de consulta sanitaria 902 400 116 da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, as eventualidades detectadas no contexto da entrevista coa persoa que reciba a chamada informativa polo enfermeiro responsable, poden ser traspasadas para a súa valoración a un médico do 061, e incluso, se a situación o aconsella tras dita valoración, podería finalizar co envío do recurso sanitario máis conveniente para a resolución do problema.

Programa piloto
O programa Onda de calor xa se levou a cabo o pasado ano, como experiencia piloto na área sanitaria de Ourense. A Consellería de Sanidade, ante os bos resultados obtidos no ano 2010, decidiu neste ano facelo efectivo para toda a nosa Comunidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario