Entrevista feita a Quique e Anxo, de Saramagal.
Naceu unha nova cervexa artesanal elaborada en Barro - Pontevedra e que leva por nome 'Saramagal'. A cervexa, que xorde do proxecto de "dous amigos", pertence ao tipo Ale, o que implica que é de alta fermentación e non contén gas engadido nin está pasteurizada, polo que os seus creadores afirmaron que cada cervexa desta marca "é única", xa que presenta as "irregularidades propias dun produto natural e non a homoxeneidade das cervexas industriais".
Naceu unha nova cervexa artesanal elaborada en Barro - Pontevedra e que leva por nome 'Saramagal'. A cervexa, que xorde do proxecto de "dous amigos", pertence ao tipo Ale, o que implica que é de alta fermentación e non contén gas engadido nin está pasteurizada, polo que os seus creadores afirmaron que cada cervexa desta marca "é única", xa que presenta as "irregularidades propias dun produto natural e non a homoxeneidade das cervexas industriais".
Asà o manifestaron os artÃfices do proxecto, Anxo e Quique, quen recoñecen que o lúpulo co que foi elaborada a dotou de "certo amargor" que se compensa durante a fermentación desta.
Asà mesmo, recoñecen que na actualidade se fabrica con cereais procedentes de fóra de España, pero mostran o seu desexo de "poder adaptar" a maquinaria de elaboración para os maltes e o lúpulos de colleita propia, ao tempo que aconsellan gozar desta cervexa non moi frÃa sobre 10 graos e a tirala no vaso de diferente forma aos industriais, botándoa dende unha altura considerable (sen chegar a escanciar) e rompéndoa contra o fondo do vaso xa que potencia o sabor da cervexa sen afectar ás propiedades desta".
A produción da cervexa de autor é distinta, coméntanos Anxo, "é máis parecida á do champaña que á da cervexa industrial, tendo mesmo ata tres tipos de fermentacións distintas, as dúas primeiras en dous fermentadores a distintas temperaturas e unha terceira en botella, onde acaba de madurar durante 6 semanas como mÃnimo" . Quique explÃcanos que "a cervexa que nós elaboramos é sa e natural, non contén nin colorantes, nin aditivos quÃmicos nin Co2, a burbulla conséguese de forma completamente natural".
Novamente Quique explÃcanos que é SARAMAGAL, cervexa de autor, "elaboramos dous tipos de cervexa unha torrada denominada IPA (Indian Pale Ale), que lle chamamos SARAMAGAL-Stipe (a receita elaborouse a partir da realización de catas de varias cervexas e que eles lle acabaron dando un toque final amargo e cun pronunciado sabor a torrefacto, xogando con fermentos, maltes varios e tres clases de lúpulos distintos) e unha Ale loura, que contén tamén unha importante cantidade de Trigo, que se asemellan ás cervexas belgas que se chamará SARAMAGAL-Inmaculate"
Polo momento, dinos Anxo, "esta bebida distribuirase en Galicia", aÃnda que Quique cun sorriso na cara asegura que esperan "extenderse como unha mancha de aceite" co obxectivo de chegar pronto a Castela-León, polo que se poderá encontrar en restaurantes, bares tendas delicatessen, asà como a través de Internet.
Moita ilusión
En canto á orixe do proxecto, Anxo asegura que comezou con "poucos recursos e moita ilusión", xa que estes últimos 5 anos se lle "pasaron voando, realizando máis de 25 formulas distintas", ata chegar ás dúas que dende agora comercializan e necesitan inculcar con moita pedagoxÃa á xente da súa terra para recuperar unha tradición ancestral como é a elaboración de cervexa artesá, que agora empeza a chamarse de autor.
Como ben dicen os amigos de SARAMAGAL, veñen para quedarse. De momento podémosvos dicir que en Barro, a Taberna de Rey, no empalme en Curro xa dispón dela para que a probedes. Xa nos iredes contando. Boa sorte e a beber cervexa de autor, SARAMAGAL.
No hay comentarios:
Publicar un comentario