AXUDAS: ‘Cheque infantil’ para o financiamento de preto de 1.200 prazas para nenos de 0 a 3 anos - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 28 de julio de 2011

AXUDAS: ‘Cheque infantil’ para o financiamento de preto de 1.200 prazas para nenos de 0 a 3 anos

A Xunta investirá máis de 1,5 millóns de euros en financiar aproximadamente entre 1.000 e 1.200 prazas en escolas infantís para nenos de 0 a 3 anos, o que permitirá cubrir total ou parcialmente o custo das mesmas, segundo a renda dos solicitantes, en centros que non son de carácter público.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou hoxe esta orde de axudas, que abrangue o curso 2011-2012. Estímase que o número de beneficiarios deste ano será similar a do curso pasado (1.221), aínda que a cifra varía en función da renda dos adxudicatarios. Os interesados terán de prazo ata o próximo 22 de agosto para facer a súa solicitude.

Estas subvencións están dirixidas a aqueles nais e pais que solicitaron praza nunha escola pública e que non resultaron beneficiarios, sempre que exercesen a opción polo cheque infantil no procedemento de solicitude das prazas. Tamén está destinada ás persoas que teñen ao cargo a un neno ou nena de 0 a 3 anos en localidades onde non existen escolas infantís sostidas con fondos públicos.

Ademais, co fin de dar continuidade ás prazas adxudicadas no cursos 2010/2011, terán preferencia aquelas persoas que tiveran concedida esta axuda durante o curso pasado. De feito, garántese que continuarán con cheque infantil aquelas familias que foron adxudicatarias no pasado curso sempre que cumpran os requisitos establecidos na orde.

A Consellería de Traballo e Benestar investirá máis de 1,5 millóns de euros, o que permitirá cubrir total ou parcialmente, segundo a renda dos solicitantes, o custo de prazas que non son de carácter público

A orde de axudas vai dirixida a aqueles nais e pais que solicitaron praza nun centro público e non resultaron adxudicatarios, así como aos habitantes das localidades onde non existe ningunha escola infantil de titularidade pública

No comezo do próximo curso escolar, en setembro de 2011, haberá dispoñibles máis de 7.500 prazas de titularidade da Xunta, o que supón un 10 por cento máis de prazas que en setembro de 2010

No hay comentarios:

Publicar un comentario