- Preténdese fomentar o deporte entre os nen@s e moz@s do concello de Barro.
- Organizadas pola ANPA do IES de Barro, contan coa colaboración da AC Fervenza da Barosa, Concello de Barro e IES de Barro
- 3 semanas de deporte durante 2 horas e media diarias
- A actividade está aberta a nen@s e moz@s de calquera concello, pero os empadroad@s en Barro e/ou soci@s da ANPA do IES ou da Asociación Cultural Fervenza da Barosa, recibirán unha bonificación no prezo da actividade.
Unha oportunidade única durante tres semanas,quelles permitirá facer 6 tipos de deportes(Balonmano, Hockey, Badminton, Fútbol, Basket e Voley Praia) a nen@s e moz@s durante 2 horas e media diaria.
A actividade ten unha cuota
xeral, na que se inclúe seguro de RC, dous monitores deportivos, un
coordinador de actividades e todo o necesario para a práctica de ditos
deportes de 30€/persoa, aberto a calquera persoa de Barro ou concellos da comarca.
Se a persoa é nen@/moz@ e
veciñ@ empadroado en Barro, o Concello de Barro, aporta á actividade
unha axuda de 10€. Para desfrutar de dito desconto é obrigatorio
presentar unha certificación de empadroamento que facilitaran nas
oficinas xerais do Concello de Barro, polo que o prezo redúcese a
20€/persoa.
Se ademáis a persoa participante é soci@ da ANPA do IES de Barro ou da AC Fervenza da Barosa, terá unha axuda de outros 10€, acumulable á anterior, polo que o prezo final sería de 10€/persoa. Para inscríbirse débese chamar aos teléfonos de contacto : 639.264.768 e 625.807.923.
Tamén é posible facelo contactando a través do facebook da ANPA ou AC Fervenza da Barosa:
Facebook do ANPAdo IES de Barro: Anpa Ies DE Barro
Facebook da Asociación Cultural "Amigos da Fervenza da Barosa": AC Fervenza da Barosa
Facebook da Asociación Cultural "Amigos da Fervenza da Barosa": AC Fervenza da Barosa
A actividade conta coa dirección técnica da empresa "La Fábrica de Los Sueños". O equipo docente será un conxunto multidisciplinar de
educadores e monitores deportivos e de tempo libre, formado por un
coordinador/a, e dous monitores/as titulados con ampla experiencia en
actividades deportivas, na dinamización de grupos e actividades de ocio e tempo
libre. Este equipo terá unha liña de traballo que é a da educación en valores
comúns.
No hay comentarios:
Publicar un comentario