A DEPUTACIÓN DESTINA 372.579 € Á NOVA EDICIÓN DO PROXECTO AQUELANDO, QUE XA PERMITIU A INSERCIÓN LABORAL DE MÁIS DE 400 PERSOAS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 11 de agosto de 2013

A DEPUTACIÓN DESTINA 372.579 € Á NOVA EDICIÓN DO PROXECTO AQUELANDO, QUE XA PERMITIU A INSERCIÓN LABORAL DE MÁIS DE 400 PERSOAS



Conta con apoio do Fondo Social Europeo, que financia o 80% do programa
·        O orzamento total do proxecto no período 2007-2013 ascende a preto de 3,5 millóns de euros
A Deputación de Pontevedra pon en marcha unha nova fase do programa aQuelando3, que conta cun orzamento de 372.579,20 euros e que será financiado nun 80% polo Fondo Social Europeo.
A Xunta de Goberno da Deputación acordou sacar a concurso a segunda edición dos cursos, que incluirá a organización de 12 cursos en diferentes concellos da provincia de Pontevedra.
O obxectivo deste proxecto é abrirlle novas oportunidades de acceder ou reincorporarse ao mercado de traballo a persoas desempregadas da provincia de Pontevedra. Un obxectivo que se está a cumprir dunha maneira moi destacada, dado que das 503 persoas que participaron na anterior edición do programa, o aQuelando2,  conseguiron emprego unhas 400 persoas.
A nova edición dos cursos dará comezo entre outubro e novembro e contará coa participación de 180 persoas nas especialidades de Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio; Atención Sociosanitaria  a  persoas dependentes en institucións sociais; Limpieza de superficies e mobiliario en edificios e locais, Emprego doméstico; Dirección e dinamización de actividades de tempo libre;  área educativo infantil e xuvenil; Financiamento de empresas: Asistencia  á dirección e Docencia da formación profesional para o emprego.
Todas as accións formativas están asociadas á obtención do certificado de profesionalidade en cada unha das especialidades.
3,5 millóns
Estes cursos veñen a sumarse aos que xa se realizaron e aos que se están realizando nestes momentos, no marco deste mesmo programa, que conta cun orzamento total para o período 2007-2013 de 3,5 millóns de euros, dos cales o 80% procede do FSE.
Nestes momentos estanse impartindo 5 cursos, con 75 alumnos

No hay comentarios:

Publicar un comentario