Conta cun orzamento de 119.000 euros e está subvencionado polo Instituto
Nacional de Administración Pública
·
O obxectivo é a mellora continua da capacitación do
persoal dos concellos e da Deputación para garantir a máxima calidade dos
servizos
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a convocatoria de accións formativas para
mellorar as competencias do persoal da Deputación e dos concellos da provincia.
O plan inclúe preto de 50 cursos e conta cun orzamento de 118.805 euros,
subvencionados polo Instituto Nacional de Administración Pública (INAP).
Impartiranse cursos nas modalidades de presencial, semipresencial e online,
desenvolvéndose os dous primeiros en diferentes puntos da provincia, co
obxectivo de facilitar a asistencia ao persoal de todos os concellos.
Así, prevese a celebración de cursos, ademais de en Pontevedra, en Bueu, Ponte Caldelas, Vilaboa,
Soutomaior, Ponteareas, Tui, Nigrán, Vilanova, Vilagarcía, Meis e A Illa de
Arousa, así como na Axencia Galega de Seguridade con sede en A Estrada.
A finalidade deste plan de formación e a mellora continua da capacitación e
dos coñecementos do persoal da administración local, co obxectivo de garantir o
mellor servizo aos cidadáns.
Entre as materias que abordarán as accións formativas programadas están: a
xestión de ingresos públicos na facenda local; información e atención ao
público; actualización de coñecementos sobre diferentes leis e normativas;
programas informáticos (AutoCad, Paquete Office…); recursos humanos; seguridade
e saúde laboral; contratos no sector público; tramitación de expedientes;
administración electrónica; transparencia e bo goberno; prácticas ambientais;
novos métodos de diagnose e identificación de bacterias fitopatóxenas, manexo
de praguicidas e tratamentos fitosanitarios; nóminas e seguridade social; o
procedemento administrativo común; redacción de documentos administrativos;
tráfico e seguridade viaria; venta ambulante….
No hay comentarios:
Publicar un comentario