"Estiven ameazado polo mundo do narcotráfico cando fun deputado" afirmou onte Moldes Fontán na charla "Un de Barro polo mundo... 40 anos despois". - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 29 de agosto de 2013

"Estiven ameazado polo mundo do narcotráfico cando fun deputado" afirmou onte Moldes Fontán na charla "Un de Barro polo mundo... 40 anos despois".

"Estiven ameazado polo mundo do narcotráfico cando fun deputado" afirmou onte Moldes Fontán na charla "Un de Barro polo mundo... 40 anos despois".
  • O actual Consejero de Educación, Cultura e Deportes da Embaixada de España en Argentina, falou sobre a súa vida, esbozou anécdotas de Barro e compartiu datos importantes.
  • Aproveitou a charla para achegar aos asistentes un documento único e orixinal datado de 1903, no que se constituía a "Asociación de Agricultores de Barro".
  • Na charla na que participaron medio centenar de persoas, estiveron presentes familiares, amigos, veciños e compañeiros de universidade como Landín Eirín, Alcalde de Barro, Gerino Calvo, Ex-director da UNED en Pontevedra ou o músico Esteban Batallán.
  • Ao remate da charla como recordo entregóuselle unha talla de madeira facendo referencia á súa familia con respecto ao "Muiño de Valerio ou Muiño dos de Moldes" situado no Parque da Natureza da Barosa.
Rodeado de amigos, veciños, familiares e excompañeiros de universidade, "Chuco" Moldes Fontán pronunciou onte a charla-coloquio "Un de Barro polo mundo...40 anos despois" no Pazo da Crega en Barro.

O diplomático fixo partícipes aos asistentes nun acto nos que esbozou datos, anécdotas de Barro e da súa vida entre o medio centenar de asistentes entre os que se atopaban Esteban Batallán, solista da Orquesta Sinfónica de Granada, Landín Eirín, Alcalde de Barro ou Gerino Calvo, Ex-director da UNED en Pontevedra, sendo estes dous últimos excompañeiros de universidade.

Moldes Fontán tivo a oportunidade de pequeno de montar a "Coso" o primeiro automovil que se fabricou en Galicia e que fixera seu pai José Moldes Castro, e do que conserva fotografías da época. Tamén recordou o paso do ex-presidente do goberno Adolfo Suarez por Barro co que foi co-fundador do CDS.Como deputado recordou o seu impulso para que tivese lugar en TVE o programa "Quien sabe donde", a implantación da Oficina do Defensor do Soldado ou os traballos parlamentarios sobre o narcotráfico en Galicia, época na que afirmou "Estiven ameazado de morte por ese mundo".


Xa falando de temas máis recentes o diplomático nado en Barro, afirmou que "polo mundo apréndese a escoitar e calar". Chuco sinalou que polas súas responsabilidades nos vindeiros días, xa en Arxentina, tocaralle acompañar ás distintas autoridades do goberno de España, como o Presidente Rajoy ou as SAR os Príncipe de Asturias na elección da próxima cidade olímpica para o 2020 que se decidirán entre Tokio, Estambul ou Madrid e que terá lugar en Bos Aires.


Como remate final da charla, mostrou un documento único e orixinal que está datado no ano 1903, no que se constituía a "Sociedad de Agricultores de Barro". A AC Ferveza da Barosa fíxolle entrega dunha talla de madeira feita á man por Maderas Oubiña, na que se fai referencia ao "Muiño de Valerio ou Muiño (da familia) dos de Moldes".

A reportaxe fotográfica da charla correu a cargo do blogger Xoan Arco da Vella, coñecido polos seus blogs "O paraíso existe, ven O Morrazo" ou "Xoan Arco da Vella".
Despois da charla, Moldes Fontán, puido compartir xa momentos máis íntimos nun pincho que ofreceron os patrocinadores da charla, Adega Moraima de Barro, Panadería Pasarín e Panadería Daniel.


A Xunta Directiva da AC Amigos da Fervenza da Barosa, decidiu nomear a Francisco Javier Moldes Fontán, Chuco, como socio honorario da mesma, cargo que aceptou o interesado, colaborando en dita asociación como asesor en temas de educación e cultura. Recollerá a súa acreditación nunha xuntanza que terá lugar no vindeiro nadal, data na que volverá Chuco a España a pasar as súas vacacións.



No hay comentarios:

Publicar un comentario