§
A iniciativa para fomentar a
creación de empresas comezará no mes de setembro
§
O plan está dirixido
principalmente a emprendedores que conten cunha idea de negocio ou que queiran
consolidar a súa empresa ou mellorar a súa rendabilidade
§
O proxecto, que ten unha
duración de 8 semanas, consta de sesións de formación conxunta e tamén accións
de acompañamento e seguimento individualizado
§
En cada programa poderán
participar un máximo de 25 persoas
A Consellería de Traballo e Benestar está a
financiar un programa de asesoramento para promover o autoemprego e a creación
de empresas que se porá en marcha o próximo mes de setembro nas cámaras de
comercio de Ourense e Pontevedra.
A iniciativa, que conta
co apoio do Fondo Social Europeo (FSE), pretende facilitar a elaboración dun
proxecto de empresa ou un plan de mellora que poida servir non só como guía de
referencia para a posta en marcha e/ou consolidación do seu negocio, senón
tamén como medio de argumentación da súa viabilidade ante entidades públicas e
financeiras.
Por iso, este plan está
dirixido fundamentalmente a emprendedores que conten cunha idea de negocio e
queiran realizar un proxecto viable de creación de empresa para a súa posterior
posta en marcha e tamén a empresarios que desexen consolidar o seu negocio,
mellorar a súa rendabilidade ou avaliar outras alternativas de expansión. En
cada programa poderán participar un mínimo de 20 persoas e un máximo de 25.
A iniciativa consta
tanto de sesións de formación conxunta, como de accións de acompañamento e
seguimento individualizado. Ten unha duración total de 8 semanas consecutivas
con 320 horas de formación.
Por unha banda, nas
sesións de formación conxunta impartiranse os contidos xerais do programa co
fin de proporcionar os coñecementos, ferramentas e habilidades esenciais e
promover sinerxías e intercambios de experiencia entre os participantes. Entre
as áreas de coñecemento a impartir destacan contidos de márketing, promoción e
comercialización; creatividade, innovación e transferencia de tecnoloxía;
aplicacións informáticas, xestión da información, internet e redes sociais;
dirección de proxectos; finanzas e xurídico-fiscal na empresa; calidade,
prevención de riscos laborais e medio ambiente; e de igualdade de
oportunidades.
Con respecto aos
seguimentos individualizados, o que se pretende é orientar a cada participante
en función do seu perfil profesional e da actividade de cada empresa no proceso
de aplicación e implementación dos contidos xerais abordados nas sesións
conxuntas de formación.
Nestas titorías,
ademais, abordarase o entorno no que se enmarca o proxecto empresarial e as
características específicas, abrindo vías de desenvolvemento e consolidación da
actividade realizada polo empresario, xestor, profesional ou emprendedor.
O programa será
impartido por persoas con ampla experiencia profesional e docente. Tanto os
contidos teóricos como prácticos adaptaranse á formación previa e coñecemento
dos participantes, de maneira flexible e fomentando a participación, o debate e
a busca conxunta de solucións e o desenvolvemento de casos prácticos.
Analizaranse tamén proxectos de éxito e as posibles causas doutros que
fracasaron ou non acadaron os seus principais obxectivos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario