AS EMPRESAS PRIVADAS QUE QUEIRAN SUMARSE AO II PLAN DE PRÁCTICA LABORAL DA DEPUTACIÓN, PODEN SOLICITALO ATA O 31 DE AGOSTO - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

martes, 27 de agosto de 2013

AS EMPRESAS PRIVADAS QUE QUEIRAN SUMARSE AO II PLAN DE PRÁCTICA LABORAL DA DEPUTACIÓN, PODEN SOLICITALO ATA O 31 DE AGOSTO



·        O plan concederá becas a 400 titulados para que desenvolvan actividades no seu sector
O prazo para que as empresas privadas se adhiran ó II Plan de Práctica Laboral da Deputación de Pontevedra que concederá bolsas a 400 titulados universitarios e de ciclos superiores de FP, rematará o vindeiro 31 de agosto.

Ata este día poden presentarse empresas con sede social na provincia de Pontevedra, de calquera natureza xurídica e de calquera sector, sempre e cando cumpran cuns requisitos como son os de non ter contrato de servizos coa Deputación, que a súa actividade estea relacionada co perfil das titulacións demandadas ou non ter realizado despedidos improcedentes, entre outros.

Á hora de seleccionar ás empresas, puntuarase cun máximo de cinco puntos o proxecto de práctica laboral e con ata 4 puntos o deseño de itinerarios alternativos de inserción, que dean opción ao bolseiro a ter continuidade na empresa.

A cooperación entre o organismo provincial e as empresas da provincia que resulten beneficiarias materializarase a través dun convenio no que se establezan os dereitos, obrigas e compromisos de cada unha das partes.


Determinación do perfil
Esta primeira fase permitiralle á Deputación determinar a demanda de bolseiros existente para, en base a ela, abrir a fase de selección de titulados. Unha vez decididas as titulacións e prazas que se convocan, farase a convocatoria pública e procederase á selección e contratación dos traballadores.

Os beneficiarios deste Plan serán titulados sen experiencia laboral previa e menores de 35 anos, aos que se lle vai ofrecer a oportunidade de desenvolver labores relacionadas coa profesión na que se formaron en diversas empresas da provincia.

Se trata dunha medida coa que a Administración Provincial quere contribuír, como xa vén facendo á redución do desemprego, principal preocupación cidadá nestes momentos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario