ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN ONLINE PARA PARTICIPAR NA MARCHA CICLISTA PEDALADAS POLO RECORDO - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 9 de agosto de 2013

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN ONLINE PARA PARTICIPAR NA MARCHA CICLISTA PEDALADAS POLO RECORDO


Os participantes lucirán camisetas en homenaxe aos afectados polo accidente ferroviario de Santiago

·       A páxina web da Deputación ofrece información detallada sobre a Volta España 2013 e todas as etapas
O prazo de inscrición para participar na marcha ciclista Pedaladas polo recordo, atópase aberto nas páxinas web www.lavuelta.com e www.laetapa.es. Trátase dunha marcha cicloturista de 130 quilómetros con saída no Porto de Vilanova de Arousa e chegada ao Monte Lobeira, de carácter gratuíto, e na que os participantes lucirán camisetas co lema Pedaladas polo recordo, en homenaxe aos afectados polo accidente ferroviario de Angrois e tamén de todos os que colaboraron, contribuíndo a que esta traxedia se convertese tamén nun exemplo de solidariedade do pobo galego.
Para que poida participar o maior número de persoas posible nesta homenaxe, a Deputación e Unipublic acordaron organizar outra marcha que comezará en torno ás 12.00 horas cun percorrido máis curto e sinxelo (7 quilómetros) orientado a familias con nenos e a todos aqueles que gusten de pedalear e que non se sintan con forzas, gañas ou tempo.
Neste caso, non será preciso realizar unha inscrición previa, senón que abondará con presentarse no lugar de saída. Alí regalaráselle unha camiseta a cada participante e poderán, tamén, sumarse á homenaxe.
Detalles da Volta e promoción
Así mesmo, a Deputación de Pontevedra pon á disposición dos usuarios a súa páxina web para acceder a tódolos detalles da Volta Ciclista España 2013. Accedendo a http://www.depo.es/a-volta-2013  poderase obter información non só das etapas e das actividades paralelas organizadas en torno á Volta a España, senón que tamén se inclúe información pormenorizada das rutas a través de vídeos e infográficos que amosan os atractivos da provincia; ademais de información con curiosidades doutras edicións, historia, spots, concertos e actividades dirixidas aos máis pequenos.
Unha ampla información que pretende que todos os interesados poidan non só coñecer o percorrido e actividades da Volta, senón tamén achegarse ao coñecemento da provincia seguindo o percorrido desta proba deportiva.




No hay comentarios:

Publicar un comentario