TÉCNICOS DE AREEIRO RECOMENDAN ESPERAR 21 DÍAS PARA TRATALA BOTRITIS E ACONSELLAN VIXILANCIA ANTE A APARICIÓN DE MILDIU - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 27 de agosto de 2013

TÉCNICOS DE AREEIRO RECOMENDAN ESPERAR 21 DÍAS PARA TRATALA BOTRITIS E ACONSELLAN VIXILANCIA ANTE A APARICIÓN DE MILDIU



·       As plantas que posúen moitos ácimos nietos deben ser eliminados para non incrementar o risco de ataque

Técnicos da Estación Fitopatolóxica de Areeiro aconsellaron a vixilancia para evitar a aparición de mildiu sobre a cepa ante os cambios climáticos dos últimos días. Aínda que non se estimou que sexa preciso aplicación de tratamento, non se descarta desenvolver un tratamento dirixido a zonas de brotes en crecemento para evitar unha potencial defoliación antes da vendima, no caso de aparecer un número elevado de manchas.

No caso do oidio, os síntomas atopados na revisión de follas e ácimos das plantas non supoñen a necesidade de tratala enfermidade, debido a que dende o envero da fungo xa non afecta o ácimo e ademais non está contrastado que a aplicación de tratamentos tardíos serva para reducila presión da enfermidade na seguinte campaña. Dende a estación recordan que as plantas que posúen moitos ácimos nietos, estos deben ser eliminados porque son sensibles ao oidio e o posible raxado da súa pel pode incrementar o risco de ataque de botritis se se dan condicións favorables ata a vendima.

Aínda así, o clima seco dos vindeiros días fan que os técnicos de Areeiro aconsellen esperar a aplicar tratamento ata 21 días antes da vendima, empregando sempre un funguicida cun prazo de seguridade menor ou igual, ou ata a data límite de tratamentos fixada por cada bodega.

Outros avisos
En canto á pulguilla da pataca, é normal observar restos de plantas en fincas nas que recentemente cosechouse ou onde se están recollendo patacas; dende Areeiro advirten da necesidade de eliminar os restos de cultivos para evitar que alberguen neles adultos de pulguillas. No relativo á pulguilla da mazá, recoméndase non descoidar os tratamentos se se tiveron danos ao longo de toda a campaña.



No hay comentarios:

Publicar un comentario