MÁIS DE 600 ASOCIACIÓNS BENEFICIARANSE DOS CURSOS ORGANIZADOS POLA DEPUTACIÓN NO MARCO DOS PROGRAMAS PENSA EN TI E TI TAMÉN CONTAS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 9 de agosto de 2013

MÁIS DE 600 ASOCIACIÓNS BENEFICIARANSE DOS CURSOS ORGANIZADOS POLA DEPUTACIÓN NO MARCO DOS PROGRAMAS PENSA EN TI E TI TAMÉN CONTAS



A Xunta de Goberno adxudicou ambos os dous programas 

·       Ofertaranse 211 actividades formativas diferentes, cun orzamento de 513.000 euros
Máis de 600 asociacións de mulleres e maiores beneficiaranse este ano dos cursos e actividades formativas que a Deputación Provincial de Pontevedra pon á súa disposición no marco dos programas Pensa en Ti e Ti tamén contas. A Xunta de Goberno aprobou esta mañá a adxudicación destes programas ás empresas Formagal e Xestión Cultural Áurea, respectivamente.
No caso de Pensa en ti, no que xa solicitaron participar máis de 400 asociacións de mulleres ou con vogalía da muller, conta cun orzamento de 383.400 euros e ofertará 134 cursos.
Outras 200 entidades, neste caso de maiores ou con vogalía do maior, pediron participar no programa Ti tamén contas, que conta cun orzamento de 129.600 euros.
Dinamización social
Un dos obxectivos principais de ambos os dous programas é contribuír a manter o dinamismo das asociacións e colectivos sociais, ao tempo que se lle ofrece aos seus usuarios posibilidades de formación en materias do seu interese.
Así, o programa Ti tamén contas inclúe un catálogo de 77 actividades variadas, nas modalidades de desenvolvemento persoal e saúde; arte e manualidades; cultura; informática; información e discapacidade.
Entre os cursos ofertados figuran Tai-chi, Técnicas de masaxe; Prevención de lesións e dores de costas; Ximnasia de mantemento; Bailes de salón; Coidado persoal; Ioga e control da ansiedade; Axilidade mental e prácticas de memoria ou hábitos alimentarios; Repostería creativa ou Primeiros auxilios; na área de desenvolvemento persoal e saúde.
Na área de cultura inclúense 17 cursos, entre os que figuran: Elaboración de licores caseiros; Elaboración de conservas de produtos do campo; Elaboración artesanal de viño e sidra; Teatro; Micoloxía; Os museos e espazos culturais de Pontevedra; Cultivo de árbores froiteiras, poda e enxertos; Historia e Literatura; Bioloxía; Ciencias socias, humanas e económicas; Idiomas e cursos de Alfabetización
Entre as actividades relacionadas coa informática están Internet; creación dixital e vídeo ou Photoshop.
En arte e manualidades inclúense 26 cursos, como Arte floral, flor artificial, flor seca; Fotografía; Porcelana en frío; Elaboración de xabón artesanal e candeas; Reparación doméstica e bricolaxe; Encaixe de palillos; Tapizado; Tallado, decoración e reparación en madeira ou xardinería e control fitosanitario.
Pola súa banda, o programa Pensa en ti oferta actividades nas áreas de manualidades, arte e bricolaxe; cociña, agricultura e elaboracións artesanais; desenvolvemento persoal e saúde física e mental; cultura tradicional, música e baile; igualdade e desenvolvemento profesional.
Inclúense varias novidades na área de novas tecnoloxías, como cursos de photoshop e retoque fotográfico; informática práctica ou redes sociais; de idiomas, coa incorporación de clases de ruso, italiano e galego (que se suman ás que xa tiñamos de inglés, francés, portugués e alemán); tamén en actividades artísticas, con cursos avanzados de pintura e debuxo artístico e de fotografía; ou en artesanía, cunha actividade nova de talla de cristal, entre outros moitos cursos que este ano se ofertan por primeira vez.


No hay comentarios:

Publicar un comentario