·
O can atopábase en condicións de
deshidratación e con problemas na pel e varias zonas do corpo
·
O CAAN anima a adopción
responsable deste e doutros animais abandonados de forma gratuíta. Os
interesados poden consultar a páxina web www.caan.depo.es
O Centro de Acollida e Protección Animal (CAAN) recolleu o pasado 27 de
agosto un can abandonado na vía pública no concello de Vilanova de Arousa tras
recibir unha chamada urxente da policía local. O can foi bautizado co nome de
Dulce no centro de recollida.
Trátase dun boxer macho de idade avanzada que chegou deshidratado e
caquéctico (esquelético), e non se tiña de pé. O animal presentaba problemas na
pel que lle provocaban hipoplasia folicular e alopecia en varias zonas do
corpo, unha ferida infectada no flanco dereito e priapismo.
Tratamento
Dende o centro estáselle a aplicar un tratamento de rehidratación e
nutrición endovenosa para mantelo vivo e a continuación a cura e tratamento das
lesións e patoloxías que presenta, unhas debidas á situación de extrema
delgadeza e desnutrición, e outras por causa do seu abandono como por exemplo enfermidades
que teñen tratamento e, en moitas ocasións, curación pero por desleixo, e falta
de sensibilidade, os seus donos prefiren desfacerse do animal desta forma tan
cruel en lugar de levalo ao veterinario.
A continuación inténtase que o can inicie de novo a alimentación oral por
se mesmo, o que require en ocasións moita paciencia por parte de coidadores e
veterinarios xa que o estado no que chegan a pesar de ser consecuencia de non
se ter podido alimentar, sofren ademais de anorexia.
Se o animal empeza a comer por si mesmo feito que non sempre se consegue, empeza a recuperarse pouco a pouco. A medida que se inicia o proceso de
alimentación recupera forzas e é capaz de valerse por se mesmo para andar, saír
a facer as súas necesidades, etc. Moitos, con estas atencións recupéranse e
teñen unha vellez digna e sen sufrimento ata o fin dos seus días, pero outros
non e morren no proceso.
Adopción responsable
O caso de Dulce é un máis dos que
se producen pola neglixencia dos seus donos que deciden abandonar aos seus
animais de compañía. Actualmente atópase en tratamento das súas lesións e dende
o centro animan as familias que adopten con responsabilidade, tanto a este como
outros animais. Os interesados poden consultar na páxina web do centro
(www.caan.depo.es) que despois de dúas semanas funcionando xa recibiu máis de
1.000 visitas.
As adopcións son gratuítas para o
adoptante e os animais saen do centro vacinados e identificados co
correspondente microchip. Dende o centro preténdese facer un chamamento a toda
a poboación para que comprendan que o abandono de tódolos animais, pero sobre
todo en idade avanzada provócalles unha tortura adicional á que xa sofre
calquera can que de pronto se encontra lonxe do que ata entón foi o seu fogar,
xa que son incapaces de atopar alimento por si mesmos debido a que sempre dependeron
dos seus dono e estas condicións poden provocar unha morte lenta e dolorosa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario