A DEPUTACIÓN CONVOCA UN CONCURSO DE IDEAS PARA A CONSTRUCIÓN DOVIVEIRODE EMPRESAS EN BARRO-MEIS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 9 de agosto de 2013

A DEPUTACIÓN CONVOCA UN CONCURSO DE IDEAS PARA A CONSTRUCIÓN DOVIVEIRODE EMPRESAS EN BARRO-MEIS

Situarase en dúas parcelas na entrada do polígono e acollerá os proxectos de novos emprendedores

•O viveiro crearase no marco dun convenio de colaboración coa Fundación Incyde, que conta cun orzamento de 1,5 millóns de euros

•O obxectivo é que poida estar construído en 2014


A Deputación de Pontevedra convocará un concurso de ideas para o deseño do edificio que albergará o viveiro de empresas do polígono de Barro-Meis, segundo anunciou esta mañá en rolda de prensa o presidente da Deputación, Rafael Louzán.

O obxectivo é seleccionar o proxecto máis axeitado e adaptado ás funcións para as que está prevista esta edificación, que é servir de base e de centro de operacións para os emprendedores da provincia, fomentando así a creación de novas iniciativas empresariais.

A creación deste viveiro enmárcase no acordo que a Deputación Provincial acadou coa Fundación Incyde para a posta en marcha de dous viveiros de empresas na provincia, cun orzamento de 1,5 millóns de euros dos que o 80% (1,2 millóns) proceden de fondos europeos FEDER.

Promoción económica

O titular da Administración provincial subliñou a relevancia deste proxecto, que, ademais de facilitar o labor dos emprendedores de Pontevedra e comarca,dándolle espazos e servizos adecuados para a posta en marcha das súas iniciativas, servirá de punto de partida para unha estratexia máis ambiciosa de impulso do emprendemento e promoción económica en toda a provincia.

O obxecto do concurso de proxectos épremiar a proposta dun proxecto de obra básico, así como deseño e a definición das características da obra.



No hay comentarios:

Publicar un comentario