Conta cun orzamento de
87.000 euros
A Deputación Provincial de Pontevedra oferta aos concellos da provincia un
total de 45 actividades formativas orientadas a mozos e mozas de entre 16 e 35
anos, no marco do programa Actívate 2013.
Os concellos terán ata o 20 de agosto para adherirse a este programa, que conta
cun orzamento de 87.600 euros e co que se pretende ofrecerlle á xuventude
oportunidades de formación en ámbitos que resultan do seu interese e que poden
contribuír a mellorar a súa capacitación, fomentar relacións de cooperación e
xerar novos modos de ocupación do lecer.
Os concellos de menos de 15.000 habitantes poderán escoller un dos cursos
do catálogo, mentres que os de máis de 15.000 poderán escoller dous.
As actividades formativas contan cunha duración máxima de 40 horas e
abarcan áreas como as novas tecnoloxías, a agricultura, a artesanía en papel,
vidro e outros materiais, as actividades artísticas, reparacións domésticas,
bricolaxe, cociña ou servizos ás persoas, entre outros.
Os cursos impartiranse nos concellos que os soliciten e deberán contar cun
mínimo de 10 alumnos e un máximo de 25. En todos os casos, as accións
formativas contarán cunha parte eminentemente práctica, para garantir unha
mellor aprendizaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario