A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou esta mañá a concesión de axudas a concellos e entidades da provincia por un importe de un millón de euros, no marco do Programa de Acción Municipal.
Estas axudas, que son de carácter social, cultural e deportivo, oscilan entre os 1.000 e os 25.000 euros en función das actividades programadas e benefician a máis de 2 millóns de persoas de toda a provincia.
O organismo provincial acordou subvencionarun total de 208 actividades, das cales máis da metade son actividades de carácter socio-cultural (fundamentalmente actividades formativas e de dinamización social –cursos de reforzo escolar, campamentos infantís e xuvenís, ludotecas, obradoiros, ximnasia, escolas de nais e pais…- e actividades culturais –ciclos de cine, teatro, arte, festivais de música….; algo máis de medio cento son festas tradicionais e populares e unha trintenaeventos deportivos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario