A DEPUTACIÓN ABRE O LUNS UN CONCURSO DE IDEAS PARA A CONSTRUCIÓN DUN VIVEIRO DE EMPRESAS EN BARRO-MEIS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 24 de agosto de 2013

A DEPUTACIÓN ABRE O LUNS UN CONCURSO DE IDEAS PARA A CONSTRUCIÓN DUN VIVEIRO DE EMPRESAS EN BARRO-MEIS


·       Os participantes optarán a un primeiro premio de 6.000 euros, un segundo de 3.000 e un terceiro de 1.000 euros.
·       O viveiro, que situarase nas parcelas A10 e A11 do polígono industrial, conta cun orzamento de 1,5 millóns de euros e está previsto para 2014.

O concurso de ideas para o deseño do edificio que albergará o viveiro de empresas do polígono de Barro-Meis, abrirase o vindeiro luns  26 trala súa publicación no BOP. A creación destes viveiro de empresa permitirá fomentar iniciativas empresariais ao mesmo tempo que se converte en impulso de emprendemento en toda a provincia de Pontevedra.

O proxecto enmárcase dentro do acordo que a Deputación Provincial acadou coa Fundación Incyde para a posta en marcha de dous viveiros de empresas na provincia, (xunto a este, o de Lalín) cun orzamento de 1,5 millóns de euros dos que o 80% (1,2 millóns) proceden de fondos europeos FEDER.

A través deste concurso premiarase a proposta de proxecto de obra básico, o deseño e a definición das características da obra que albergará un viveiro de empresas nas parcelas A10 e A11 do polígono industrial de Barro-Meis. Ademais da creatividade, se valorará os plantexamentos que teñan un alto valor arquitectónico e estético.

Poderán participar arquitectos colexiados de xeito individual ou formando equipos multidisciplinares optando a un primeiro premio de 6.000 euros, un segundo de 3.000 e un terceiro de 1.000 euros. Os interesados deberán presentar a solicitude durante os 15 días naturais seguintes á publicación no BOP, e tralo proceso de selección, os admitidos deberán presentar a súa proposta baixo un lema nun prazo de 30 días tralo cal deliberará o xurado.

Promoción económica

Este  viveiro de Barro-Meis funcionará como estrutura de acollida temporal para emprazar empresas nos seus primeiros pasos no mercado. Os que se asenten neles recibirán formación e a Deputación e o Incyde prestaralles determinados servizos adaptados as súas necesidades concretas para que poidan desenvolver iniciativas empresariais de interese local e contribuír a dinamizar a comarca.

Nos viveiros, as empresas instalaranse de forma gratuíta perante os dous primeiros anos da súa existencia, soportando tan só os gastos xerais de mantemento das instalacións. O proxecto facilitará o labor dos emprendedores de Pontevedra e comarca, dándolle espazos e servizos adecuados para a posta en marcha das súas iniciativas, e servirá tamén de punto de partida para unha estratexia máis ambiciosa de impulso do emprendemento e promoción económica en toda a provincia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario