LOUZÁN FIXO ENTREGA DOS 80 DESFIBRILADORES QUE SE INSTALARÁN EN RECINTOS DEPORTIVOS DA PROVINCIA PARA QUE SE POIDAN “SALVAR VIDAS” - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 7 de agosto de 2013

LOUZÁN FIXO ENTREGA DOS 80 DESFIBRILADORES QUE SE INSTALARÁN EN RECINTOS DEPORTIVOS DA PROVINCIA PARA QUE SE POIDAN “SALVAR VIDAS”


38 concellos solicitaron estes aparellos, que permiten incrementar notablemente as posibilidades de salvar a vida tras un paro cardíaco

·       Actuar nos primeiros minutos cun desfibrilador e reanimación cardiopulmonar eleva a un 75% as posibilidades de salvarse
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, fixo entrega esta tarde dos 80 desfibriladores semiautomáticos aos 38 concellos que se sumaron ao plan posto en marcha pola Administración provincial para dotar as instalacións deportivas de Pontevedra destes sistemas de protección ante posibles fallos cardíacos.
Os aparellos, da marca Philips e subministrados pola empresa Cardiva 2, instalaranse en 77 recintos deportivos da provincia e en 3 edificios da Deputación, que xa conta cun destes aparellos e que a partir de agora os terá instalados nos centros con maior afluencia de público como son o ORAL, o Museo, o Pazo Provincial e Príncipe Felipe.
No acto de entrega participaron preto de 200 persoas, entre alcaldes e concelleiros dos municipios beneficiados e persoal técnico que recibiu formación para poder facer uso dos desfibriladores.
Durante o acto proxectáronse dous vídeos, un no que se explicaba pormenorizadamente o funcionamento dos desfibriladores e outro sobre a importancia de actuar inmediatamente no caso de paro cardíaco.
Nesta liña, Rafael Louzán destacou que o programa da Deputación para dotar aos concellos destes aparellos obedece, precisamente, a que está demostrado que contar cun desfibrilador e outros elementos como as cánulas de Guedel en recintos con gran afluencia de público pode ser fundamental para salvar vidas.
Cómpre lembrar que en España se rexistran cada ano 24.500 paros cardíacos, dos que só o 5% salva a vida. Se en todos os casos se actuase nos primeiros minutos usando un desfibrilador para deter a fibrilación do corazón e realizando manobras de reanimación cardiopulmonar para a oxixenación, esa porcentaxe elevaríase ata o 75%.
“Trátase de salvar vidas”, asegurou Louzán, quen lembrou que no marco deste programa xa se formou a 161 persoas para que poidan usar os desfibriladores e, deste xeito, evitar posibles dramas. “Seriamos claramente irresponsables, asegurou, se entregasemos estes aparellos sen ter persoas formsadas para usalos”.
O desfibrilador e a reanimación cardionpulmonar é vital para garantir a supervivencia ante un paro cardíaco, porque, tal e como quedou de manifesto no acto “calquera o pode sufrir” e cada minuto que pasa sen atención, redúcense entre un 7 e un 10% as posibilidades de salvarlle a vida.
Louzán avogou por unha maior presenza de desfibriladores e de persoas que poidan utilizalos en lugares moi frecuentados e salientou que ese é precisamente o obxectivo que a Deputación persegue coa dotación destes aparellos a 38 concellos da provincia.
Pack completo
Cada un dos 80 desfibriladores que hoxe se entregou incluía material adicional como un xogo de electrodos, un resucitador manual con mascarilla e reservorio, 3 cánulas de Guedel nº 2 – 3 – 5, guantes estériles, rasuradora estéril, 2 dispositivos Boca-Boca con funda chaveiro, e a sinalización de espazo cardioprotexido.
Así mesmo, en cada pack entregouse a documentación necesaria para que os concellos procedan a dar de alta os desfibriladores no 061. Ao remate do acto, os participantes nos cursos de formación recibiron tamén as correspondentes acreditacións que os capacitan para poder utilizalos.
Características do desfibrilador
O desfibrilador entregado é semiautomático e un dos máis completos e modernos existentes no mercado.
Tarda menos de 10 segundos en realizar a análise do estado do paciente e dar a primeira descarga (que só a fará se o aparello detecta que existe fibrilación). É dicir, elimínase a posibilidade de que por erro se lle dea unha descarga a alguén que non a precise.
Así mesmo, ofrece axuda verbal completa para a resucitación cardíaca-pulmonar, indicándolle á persoa que o está usando qué ten que facer en cada momento e, ademais, faino adaptando a velocidade das instrucións á velocidade coa que actúe o usuario.
Trátase dun aparello pequeno, lixeiro e moi manexable.


No hay comentarios:

Publicar un comentario