Dende a nosa Comunidade, queremos agradecer a
tódalas empresas que realizaron unha aporta económica para as Festas
Parroquias deste ano; tanto as que van aparecer no cartel publicitario,
como aquelas, que o fixeron de forma anónima. Aproveitamos tamén, para
denunciar un feito que tivo lugar en días pasados, e no que, parece ser,
que tres persoas, facéndose pasar por membros da Comisión de Festas de
Curro, foron pedir a unha empresa na parroquia de Agudelo, sen deixar
recibo nin outro documento xustificativo. Aclarar, que este ano, as
Festas Parroquias, son organizadas pola Comunidade de Montes de Curro, e
cada membro da Xunta Rectora ten asignado a que empresa dirixirse,
entregándoselle un recibo asinado e selado pola Comunidade. Polo tanto,
pedimos que si este feito volvese a suceder, nolo comunicaran e
presentar así a oportuna denuncia. Dicir tamén, que nos vindeiros días
xa teremos o programa das Festas, pero como adianto comentar que as
orquestras son as seguintes:
SÁBADO 17 DE AGOSTO: IMPACTO E COPACABANA
DOMINGO 18 DE AGOSTO: OLYMPUS E GRAN CASINO
lunes, 5 de agosto de 2013
New
Utilizan o nome da "Comunidade de Montes de Curro" para unha estafa.
XM de Voz de Barro
Voz de Barro. Mail: vozdebarro@gmail.com
festas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario