O plan acada os 3,4 millóns, xa están rematados os de Cotobade, Cerdedo e Ribadumia, a piques de rematar os de Baiona e Lalín e, en abril, inicíanse traballos en A Estrada e Gondomar
A Deputación de Pontevedra, a través dos seus servizos de Novas Tecnoloxías e de Patrimonio Documental e Bibliográfico, iniciou o proceso de dixitalización dos fondos dos Arquivos Municipais dos concellos da provincia. Polo de agora, xa están dixitalizados os de Cotobade, Cerdedo e Ribadumia e, a piques de rematar, os de Baiona e Lalín. No mes de abril iniciaránse os traballos pertinentes nos concellos de A Estrada e Gondomar e, a continuación, o resto dos concellos da provincia, excepto os de Vigo e Pontevedra.
Esta iniciativa _enmarcada no proxecto <eDepo, a Administración nun Click> financiado polo Ministerio de Industria a través do Plan Avanza_ permitiu a creación dun “Centro de Coñecemento avanzado” para a dixitalización dos fondos documentais, gráficos, cartográficos, sonoros e audiovisuais do Arquivo Provincial e dos fondos documentais dos concellos da provincia.
A Deputación inviste neste plan 3,4 millóns de euros, dos que o Ministerio de Industria aporta o 15% (en torno a 500.000 euros) e o resto (o 85%, perto de 2,8 millóns) son dun préstamo que o Ministerio fai á Deputación a devolver en 15 anos.
Coa creación deste centro de coñecementol, dentro do proxecto eDepo, perséguense dous obxectivos fundamentais:
Contribuír á conservación dos fondos existentes no Arquivo Provincial e nos municipais, grazas á dixitalización dos mesmos.
Pór a disposición dos cidadáns o acceso por medios telemáticos aos fondos e crear un conxunto de e-Servizos que permitan acceder a todo o patrimonio cultural, contribuíndo á súa difusión.
Para a realización dos traballos cóntase con escáneres cenitais de última xeración, recomendados para a dixitalización de fondos antigos e especialmente valiosos, que garanten un resultado final da máxima calidade.
12 técnicos en cada concello
En cada concello veñen traballando 12 personas, cos seus respectivos escaneres, perante unha media, por arquivo, dun mes si ben o tempo investido no proceso depende do tamaño dos fondos do arquivo e do espazo de que se dispoña para a dixitalización.
A Deputación prevé que a finais de 2013 estean dixitalizados os arquivos da metade dos concellos da provincia (30) e o resto quedaría rematado ao longo de 2014.
Según explicou o presidente da Deputación, Rafael Louzán, “coa posta en marcha desta iniciativa, a Deputación garante a conservación dos fondos documentais xestionados pola institución e os concellos da provincia ao contar cos documentos en formato dixital, o que minimiza a necesidade de manipulación dos orixinais. Por outra banda, permitirá a difusión dos mesmos aos cidadáns grazas a implantación de ferramentas de consulta a través de internet”.
Un plan pioneiro en Galicia
Según Louzán, <a labor da Deputación non só consiste en construir ou manter estradas, etc. senón tamén este tipo de labores que non se ven, nin son tan aparatosos, pero que son fundamentais para salvagardar a memoria dos concellos, dotar de fontes de estudio accesibles ou manter a identidade local e provincial>.
O presidente provincial destacou que os traballos de dixitalización dos fondos arquivísticos municipais <son unha labor fundamental de asistencia e cooperación aos concellos que tén unha trascendencia cuio alcance valoraráse máis no futuro>, dixo.
Esta iniciativa de dixitalizar os arquivos municipais é pioneira en Galicia, pois a única Deputación que leva a cabo este plan é a de Pontevedra. A continuación inclúense datos dos Arquivos Municipais onde se rematou a actuación ou se está a piques de rematar.
Pontevedra, 26 de marzo de 2013. Gabinete de Comunicación
DATOS DO ARQUIVO DE BAIONA
1.-O Arquivo de Baiona é o que ten máis documentación anterior ao século XIX dos da provincia. Conta cun total de 5.161 unidades de instalación, con documentación que teñen datas extremas os anos 1541 e 2013. Todo elo recollese nunha base de datos formada por 27.855 rexistros que permiten a localización de calquera expediente.
2.- Algúns dos importantes fondos que se conservan son:
Unha colección documental disposta en 92 unidades de instalación, que inclúe fondos variados, especialmente referidos ó Hospital Sancti Spiritus, coa documentación máis antiga, dende 1320, que se gardaba no seu día no moble de arquivo que aínda conserva, realizado en 1679.
Libros de plenos e contas dende 1542 ainda que con discontinuidade. Libros de quintas e milicias dende 1741. Datos de eleccións dende 1835, de obras de particulares dende 1882, e de datos de contribución rústica e urbana dende 1836.
viernes, 29 de marzo de 2013
New
A DEPUTACIÓN INICIA OS TRABALLOS DE DIXITALIZACIÓN DOS FONDOS DOCUMENTAIS DOS ARQUIVOS DE 60 CONCELLOS DA PROVINCIA
XM de Voz de Barro
Voz de Barro. Mail: vozdebarro@gmail.com
deputación
Etiquetas:
barro,
concello,
deputación
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario