Na mañán de hoxe, o Parque da Natureza da Barosa, foi o lugar escollido pola AC Fervenza da Barosa para iniciar unha ruta de inauguración do Barro de Tapas 2ª Edición. Alí congregáronse a Directora de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro, a deputada provincial da Deputación de Pontevedra, Ana Isabel Vázquez, o alcalde de Barro, Landín Eirín, a presidenta e vicepte. da AC Fervenza da Barosa, Mónica Cons e Faustino Batallán, así como os representantes da Adega Moraima, Saramagal Cervexa Artesanal e Adega Pazo da Bouciña, ademáis de veciños e membros da AC Fervenza da Barosa. De alí desprazáronse ata a parroquia de Curro e ao local hosteleiro Parrillada "As Brasas" para rematar coas degustacións da ruta "Barro de Tapas".
Dende AC Fervenza da Barosa quérese apoiar e promocionar o turismo e as empresas de Barro, e para elo non dubidaron en contactar coas administracións que teñen responsabilidades en ditas áreas, como foron a Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e Concello de Barro.
Esta segunda edición do certame arranca coa intención de consolidarse como unha iniciativa dinamizadora do concello, que achegue a Barro ao turismo dos arredores e doutros puntos de Galicia, para desfrutar da gastronomía local así como a natureza que posue, como a Ría da Barosa, o Camiño Portugués, etc.
En vindeiros meses a AC Fervenza da Barosa programará máis actividades encamiñadas a poñer en valor o nome de "Barro" e os atractivos e as empresas locais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario