O CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA SUBLIÑA A NECESIDADE DE DOAR SANGUE DE CARA Á SEMANA SANTA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 27 de marzo de 2013

O CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA SUBLIÑA A NECESIDADE DE DOAR SANGUE DE CARA Á SEMANA SANTA

·         Nos vindeiros días, as unidades móbiles do CTG visitarán ao redor de medio cento de concellos galegos para conquerir a colaboración dos cidadáns

Facilitar o acceso dos cidadáns á doazón de sangue é o principal obxectivo da campaña de doazón en Semana Santa que promove a Consellería de Sanidade, por medio do Centro de Transfusión de Galicia (CTG). As dez unidades móbiles do CTG visitarán, nos vindeiros días ao redor de 45 concellos galegos para acadar unha media de 500 doazóns de sangue diarias, as precisas para garantir o desenvolvemento do labor asistencial dos nosos centros sanitarios.

As necesidades de compoñentes sanguíneos non diminúen neste período vacacional, xa que se incrementan as urxencias derivadas dos accidentes de tráfico e é necesario manter estable o volume de doazóns de sangue, nun período no que se rexistra unha maior deslocalización dos doadores e doadoras habituais.

Obxectivos
Durante a campaña de Semana Santa do presente ano, o CTG tenta acadar unhas 2.000 doazóns de sangue, cifra que garante o axeitado desenvolvemento do labor asistencial dos centros sanitarios galegos. Ademais, faise precisa a colaboración de doadores e doadoras de todos os grupos sanguíneos.

O CTG agarda, novamente, contar coa participación dos cidadáns e, para iso, ofrecerá as máximas facilidades aos cidadáns, mediante o desprazamento de dez unidades móbiles cada día que efectuarán as seguintes visitas:

DATA
CONCELLOS
Mércores 27 de marzo
Ares, Cee, Laxe, Muros, Oroso, Chantada, Allariz, A Estrada, Baiona e Redondela
Sábado 30 de marzo
Miño, Oleiros, Oroso, Chantada, A Estrada e Redondela
Luns 1 de abril
Carballo, Culleredo, Mazaricos, Narón, Alfoz, Navia de Suarna, Cervantes, Barrio Mariñamansa (Ourense), Meis, Moaña e Zona Herrería (Pontevedra)



Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:

LUGAR
HORARIO
CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA (Santiago)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA (A Coruña)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE (Ferrol)
Luns e venres das 8.00 ás 22.00
Martes, mércores e xoves das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo)
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 8.00 ás 15.00 horas
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE OURENSE (Ourense)
Luns das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 8.00 ás 15.00 horas
Venres das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra)
Luns e venres das 8.00 ás 15.00
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

Cómo participar
Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...).

A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.

Para máis información, o Centro de Transfusión de Galicia dispón da páxina web: ctg.sergas.es e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto de información para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou   coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828

No hay comentarios:

Publicar un comentario