PRESENTACIÓN DO PLAN MULTIMEDIA E DA CAMPAÑA PROMOCIONAL «ESPÍRITU RÍAS BAIXAS» - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 1 de marzo de 2013

PRESENTACIÓN DO PLAN MULTIMEDIA E DA CAMPAÑA PROMOCIONAL «ESPÍRITU RÍAS BAIXAS»


Baixo o lema «Espíritu Rías Baixas» Presentamos hoxe un Plan de comunicación multimedia que vai a desenvolver a Deputación con motivo da celebración na provincia da saída oficial da Volta Ciclista a España 2013

A nosa intención será tomar a  volta 2013 e a súa capacidade como aglutinador comunicativo como base para o lanzamento dunha  campaña destinada a poñer en alza os atractivos turísticos do noso territorio, en especial os relacionados cos deportes e o entorno natural no que se practican.
·        O plan de comunicación vertebrase no ámbito online durante todo o ano co contidos audiovisuais de emisión regular, intensificándose gradualmente ata a campaña central a finais de agosto, coa saída da Volta e a realización das catro etapas que teñen lugar nas Rías Baixas.
·        O plan de comunicación 2.0 elixido para a campaña responde a unha acción completa de marketing experiencial, que se difundirá a través de redes sociais dende una plataforma web única e integradora.
·        Creamos un website propio: http://www.espirituriasbaixas.depo.es/. Esta será a  canle máis importante de emisión de información e contidos. Unha web de marcado carácter visual, que transmite sensacións ó visitante a través da beleza das imaxes.
As seccións son:
-        Siente: é a parte experiencial da web, onde se poden atopar os  vídeos da campaña. Esta sección pretende contar experiencias e sensacións a través dos vídeos o que nos permite alcanzar emocionalmente ó destinatario, conseguir estimular o desexo: “Eu quero estar aí”

-        Descubre: é a sección que nos informa da actualidade da campaña e de todos os contidos relacionados coa saída da Volta a España e o seu transcurso pola provincia. É o lugar onde atopar información máis detallada de trazados, etapas e actividades organizadas con motivo do evento deportivo.

Espírito Deportivo
Dentro dos vídeos que sen van a colgar na web haberá 4 que contarán historias de superación a través do deporte contadas por persoas da provincia de Pontevedra. Son vídeos de 3 a 5 minutos cun formato documental que nos contarán retos afrontados, motivacións deportivas, pequenas ou grandes historias de superación que son exemplos de “espírito deportivo” das persoas e a inspiración da paisaxe nos que se realizan.
Estes vídeos vanse a estrenar en abril na páxina web de Espíritu Rías Baixas.
Participacións
·        Nas campañas contamos coa participación dos medallistas olímpicos David Cal e Tamara Echegoyen, pero tamén co exciclista Marcos Serrano, cos surfistas Gony Zubizarreta e Jaji Iglesias, amateurs de diferentes deportes e con persoas que son un exemplo de superación a través do deporte.
·        En “Espíritu Rías Baixas” óptase tamén por mostrar ós máis importantes cociñeiros da provincia, a que conta con máis estrelas Michelin de Galicia, os auténticos mestres que contan con el beneplácito da guía francesa e unha gañada fama que traspasa as nosas fronteiras.
Redes sociais:
·        Espíritu Rías Baixas estará en Facebook; Twitter; You Tube; Google +; Instagram; e Pinterest.
·        Tamén se realizarán accións noutras redes e blogs espefíficos de deportes, turismo ou gastronomía
 ·        O ano 2013 será un ano histórico para o deporte na provincia de Pontevedra, a Volta a España sairá o 24 de Agosto desde Vilanova de Arousa e as primeiras catro  etapas transcorrerán polo noso territorio. Durante eses días a provincia de Pontevedra será o principal foco da actualidade deportiva a través dun evento de impacto internacional.
·        “Espíritu Rías Baixas” será unha oportunidade única para aunar deporte e excelencia gastronómica e para a dar a coñecer a provincia a través das súas paisaxes, produtos e encantos naturais a unha gran cantidade de  a posibles visitantes.
·        O obxectivo principal de “Espíritu Rías Baixas” será deixar nos espectadores o desexo de achegarse á provincia→ É unha proposta baseada nun enfoque emocional, de texturas, de sensacións, de olores, de sabores, que se notan en cada pequeno detalle. Activar o interese e o desexo de calquera espectador a través da transmisión de sensacións. →Para isto será imprescindible o uso das novas tecnoloxías, das redes sociais, dos vídeos e das imaxes…
·        Tamén será unha representación da importancia que o deporte ten na provincia e unha oportunidade de visitar todas as paisaxes posibles a través da mirada do esforzo propio da práctica do deporte. “Espíritu Rías Baixas” é un homenaxe a todos os deportistas de Pontevedra.
·        “Espíritu Rías Baixas” será unha auténtica aposta por presentar a provincia de Pontevedra como un territorio aberto ás novas formas de turismo que na actualidade se impoñen. Pretendemos esquecernos do esquema tradicional do turismo e traballar conxuntamente entre administracións para adaptar a oferta a demanda actual, plantexar un enfoque máis amplo que abarque distintas disciplinas, o que contribuirá tamén  a mitigar a estacionalidade do sector.
·        O turismo xira hoxe cara os valores das experiencias,cada vez máis, os turistas esixen natureza, alta gastronomía, actividades deportivas e descanso de calidade. Iso é “Espíritu Rías Baixas”, unha combinación de turismo activo co  deporte de elite dos medallistas olímpicos da provincia e o deporte base, que sosteñen miles de afeccionados día a día. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario