Agustín Hernández asistiu onte á solta de salmóns no
couto de Cutián, no río Lérez
§
O 17 de marzo ábrese a veda da troita e o 1 de maio a do salmón, o
reo e a troita de montaña
§
Hernández destaca a política de protección dos ríos e das
súas especies promovida pola Xunta, que supón a eliminación de obstáculos nos
leitos dos ríos
§
Entre 1995 e 2012 realizouse
no río Lérez a solta de 1,2 millóns de exemplares de salmón co obxectivo de
recuperar esta especie considerada “centinela” do bo estado das augas
Coa apertura da veda da troita, o vindeiro domingo 17 de marzo comeza
a tempada de pesca fluvial en Galicia. Nos ríos da nosa comunidade están
establecidos un total de 144 coutos
establecidos, nos que máis de 60.000 pescadores con licenza terán acceso a un
máximo de 205.244 permisos de pesca. A
veda para o reo, o salmón e a troita de montaña abrirase o 1 de maio.
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e
Infraestruturas, Agustín Hernández, asistiu hoxe á solta de 10.000 exemplares de
salmóns no couto de Cutián, no río Lérez, dentro do programa de recuperación
desta especie que se vén levando a cabo dende os anos 90.
Destacou ademais a política de protección dos
ríos e das súas especies a través da eliminación de obstáculos nos leitos dos
ríos salmoneiros e de reos que xa non teñen utilidade e que perderon as
concesións, así como a prohibición de construír novas presas, co obxectivo de
facilitar o desprazamento dos reprodutores e as súas crías ao longo da conca
nas súas migracións.
Recuperación do salmón
no Lérez
A Xunta, dentro do programa de recuperación
do salmón, está a traballar dende os anos 90 na recuperación desta especie no
río Lérez, tras constatar un descenso na poboación e captura da mesma.
Hernández explicou que se mellorou a accesibilidade nos últimos km de río,
entre Bora e Monteporreiro; fixáronse medidas de redución da mortaldade por
pesca; e repoboacións con indivíduos de orixe autóctono.
Manifestou que coa solta de hoxe acercáronse
ás augas do Lérez esguíns, salmóns que sa se están preparando para ir ao mar e
son todos fillos de salmóns deste río, nacidos na piscifactoría de Carballedo.
Estes exemplares levan unha micromarca de seguimento, en caso de pesca, e
partirán cara o mar en abril, polo que moitos deles chegarán ata a costa de
Groenlandia.
Cómpre sinalar que entre 1997 e 2012 retornaron ao Lérez 398 salmóns
marcados (375 contabilizados na estación de captura e 23 pescados). A taxa de
recaptura de adultos no Lérez varía entre 0,6 e 2 por cada 1.000 alevíns
soltados.
Repoboacións realizadas
O conselleiro de Medio Ambiente sinalou que o seu departamento é
coñecedor dos problemas das especies, a pesar do numerosos traballos que se
veñen realizando desde os anos 90, cando as poboacións de salmón acadaron o
estado crítico.
Recordou que o salmón está considerado unha “especie centinela”, xa que
a súa presenza é un bo indicador da calidade da auga e do hábitat fluvial.
Na seguinte táboa apréciase unha comparativa de repoboación de salmón
nos ríos galegos dende o ano 2009. Pódese observar como a repoboación de salmón
máis elevada predomina no río Lérez.
|
Repoboacións de salmón
2009-2012
|
|||
|
2009
|
2010
|
2011
|
2012
|
RIO
EO
|
32.199
|
22.851
|
15.299
|
23.005
|
RIO
MASMA
|
40.103
|
13.576
|
13.000
|
19.000
|
RIO
OURO
|
35.539
|
12.204
|
13.000
|
15.500
|
RIO
LANDRO
|
48.772
|
16.884
|
14.500
|
17.500
|
RIO
ULLA
|
120.802
|
83.394
|
119.917
|
109.436
|
RIO
LÉREZ
|
110.048
|
140.743
|
127.692
|
101.137
|
RIO
MIÑO
|
19.555
|
14.964
|
14.610
|
54.300
|
GALICIA
|
407.018
|
304.616
|
318.018
|
339.878
|
A previsión para 2013 é difícil de
establecer posto que depende do ciclo natural da especie. Non obstante, segundo
datos de anos anteriores, os exemplares oscilarán entre 300.000 e 400.000.
Tempada de pesca
O horario
determinado para a pesca é entre una hora antes de saír o sol e una hora
despois do solpor, segundo hora oficial publicada na páxina web de MeteoGalicia
para a localidade máis próxima. No caso do reo, establécese un horario
determinado pola Orde de normas de pesca 2013.
En relación aos
días inhábiles para a práctica da pesca, fíxase o luns, agás festivos nacionais
ou autonómicos. Nos coutos de pesca, serán os luns e xoves, excepto festivos
nacionais ou autonómicos. No caso de tratarse de coutos conveniados con
sociedades colaboradoras da pesca poderase pescar sen morte os xoves, ata o 30
de setembro. Para os tramos do río Navia compartidos con Asturias, son inhábiles
os xoves, salvo festivos nacionais. Nas zonas de desembocadura e encoros con
pesca autorizada de ciprínidos e perca negra, serán hábiles todos os días.
A continuación,
a distribución dos 144 coutos establecidos para esta tempada, segundo a especie
a capturar e a provincia.
|
A CORUÑA
|
LUGO
|
OURENSE
|
PONTEVEDRA
|
GALICIA
|
SALMÓN
|
1
|
5
|
1
|
4
|
11
|
TROITA E REO
|
19+9
|
46+5
|
13+0
|
24+5
|
102+19
|
SEN MORTE
|
3
|
2
|
3
|
1
|
9
|
INTENSIVOS
|
1
|
1
|
1
|
0
|
3
|
|
33
|
59
|
18
|
34
|
144
|
Troita
Para a captura
de troita será precisa a licenza de pesca fluvial e o permiso no caso de ser un
couto. Cada pescador poderá capturar entre 5 e 10 pezas por xornada, segundo a
masa da auga. A dimensión mínima da especie oscila entre os 19 e os 23 cm.
Reo
A pesca de reo require da licenza de pesca
fluvial, a recarga de reo e salmón e un permiso no caso de ser en couto. Cada
pescador poderá capturar 2 pezas no Umia, 8 na Pontenova e 5 noutras masas,
sempre por xornada. A dimensión mínima da peza será de 25 cm para Pontenova e
35 cm no resto.
Salmón
A captura de salmón precisa dunha licenza de
pesca fluvial, a recarga de reo e salmón e o permiso no caso de tratarse dun couto.
Tan só se permite unha captura por persoa e xornada, considerándose como
dimensión mínima da peza os 40 cm, excepto en coutos do Reo compartidos con
Asturias, que serán 45 cm.
No hay comentarios:
Publicar un comentario