O PLENO DO CONSORCIO DE BOMBEIROS ADXUDICA A MATINSA POR 21 MILLÓNS DE EUROS A XESTIÓN CONXUNTA DOS PARQUES DE PONTEVEDRA PERANTE OITO ANOS PRORROGABLES A 14 - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 4 de marzo de 2013

O PLENO DO CONSORCIO DE BOMBEIROS ADXUDICA A MATINSA POR 21 MILLÓNS DE EUROS A XESTIÓN CONXUNTA DOS PARQUES DE PONTEVEDRA PERANTE OITO ANOS PRORROGABLES A 14


A Deputación de Pontevedra adxudicou hoxe a contratación da Xestión Inidirecta, mediante concesión administrativa, da xestión do Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento á empresa Mantemento de Infraestruturas SA (MATINSA SA) en 21,1 millóns de euros.

Aforro de 150.000 euros anuais
Ao concurso presentaranse catro empresas pero a de Matinsa foi a oferta máis ventaxosa e con importantes melloras. A adxudicación suporá un aforro de 150.000 euros anuais sobre o que viña costando este servizo e permitirá á Deputación desenvolver melloras nos parques de bombeiros da provincia.

O contrato, que é o máis alto dos executados pola Deputación de Pontevedra, terá unha duración de 8 anos, prorrogable por periodos máximos de tres anos, ata os 14 anos.

Máis bombeiros, novo camión e outras melloras
Esta adxudicación permitirá a xestión conxunta dos parques de bombeiros da provincia e implicará importantes melloras. En concreto, que se contratarán 8 bombeiros máis a tempo total e 4 a tempo parcial; que se contará cun novo camión de bombeo urbán valorado en 333.000 euros e con dous novos equipos de excarcelación; e que os traballadores dos parques obterán melloras en seguros de cobertura, equipamentos, vestiario, etc.

O presidente da Deputación de Pontevedra compareceu ante os medios, acompañado polo Director Xeral de Emerxencia, Santiago Villanueva, e os delegados da Xunta, Cores Tourís e María Xosé Bravo, para informar dos acordos adoptados polo pleno do consorcio provincial.

Inicio en maio e cobertura ao 100% da provincia
Louzán destacou que, por primeira vez, se dará cobertura á totalidade dos habitantes da provincia pois o Consorcio amplía o seu radio de cobertura a nove concellos máis e esto completaráse nalgúns outros coa intervención dos Grupos de Emerxencia que financian a Xunta, a Deputación e os propios concellos, así como cos parques municipais das grandes cidades, Vigo e Pontevedra.

Según Louzán, a nova empresa adxudicataria faráse cargo da xestión dos parques de bombeiros provinciais a partir do mes de maio-xuño.

Santiago Villanueva lembrou que no ano 2000, a provincia tiña tan só os dous parques de Vigo e Pontevedra e que agora dispón de 14 grupos de profesionais de emerxencias que cubren a totalidade do territorio cunha isocrona de menos de 30 minutos á maioría da poboación

Os concellos que compoñen as “áreas de actuación preferente” de cada parque son: Bueu (Bueu, Cangas, Moaña, Marín, Vilaboa, Soutomaior e Ponte Caldelas), Porriño (As Neves, Mondariz, Mondariz-Balneario, Mos, Porriño, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño e Tui), Ribadumia (Cambados, O Grove, Meaño, Meis, Ribadumia e Sanxenxo, Portas e Barro) e Vilagarcía (A Illa, Vilagarcia, Vilanova, Caldas, Catoira e Valga).





No hay comentarios:

Publicar un comentario