Tamén este domingo, a veciña de Curro, Alba Triñanes, xunto co resto dos bailarins deste clube, representarán un espectáculo musical no auditorio de Ribadumia.
NO AUDITORIO DE RIBADUMIA O CLUBE REALIZARA UN MUSICAL QUE LEVA O NOME " A INSPIRACION DOS DEZ".
Neste musical participarán todos os compoñentes do clube, dende os máis pequenos ata os máis maiores Nel tamén participaran os nenos e nenas de Competición, onde nos amosarán o seu baile.
A entrada e de balde, e vale a pena ir a velo, seguramente quedarán abraiados tanto nenos como adultos da mestura da decoración, da música e do baile. O ano pasado foi un éxito.
A entrada de balde, e o nivel dos artistas que participan, é un atractivo para non faltar a esta cita. A partir das 18:30 apertura de portas hasta completar aforo.


No hay comentarios:
Publicar un comentario