O establecemento turístico "Casa Rural Os Carballos" de Barro acada o Diploma de Calidade Turística en Destiños - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 9 de marzo de 2013

O establecemento turístico "Casa Rural Os Carballos" de Barro acada o Diploma de Calidade Turística en Destiños


A Deputación foi a primeira de España que se adhireu a estes diplomas de calidade xa no ano 2005

LOUZÁN ENTREGOU OS DISTINTIVOS DE CALIDADE TURÍSTICA EN DESTIÑOS A 135 EMPRESAS E ENTIDADES DE PONTEVEDRA

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, entregou hoxe, na Pousada de A Lanzada, os Diplomas de Calidade Turística en Destiños (SICTED) a 135 empresas da provincia que acadaron o galardón.

O Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destino (SICTED) é un proxecto promovido por TURESPAÑA e a FEMP que ten por obxecto promover a calidade dos destinos. A Deputación a través do servizo de Turismo participa na iniciativa dende o ano 2005.

Perante o ano 2012 realizouse a sétima fase do Plan de Calidade con empresas da Provincia. Actuacións realizadas:

· Adherir ó proxecto a 45 novas empresas do destino.

· Seguir dando asistencia técnica ás 123 distinguidas anos anteriores.

· Xornadas de formación para mellorar a competitividade das empresas

· Xornadas de formación en marketing turístico e novas tecnoloxías para empresas turísticas

· Visitas individualizadas de asesoramento técnico a cada unha das empresas, para diagnosticar e implantar melloras na organización

· Avaliacións de distinción ou seguimento ás empresas para conseguir o selo de recoñecemento.

· Recollida de propostas de mellora das empresas sobre o destino.

Empresas distinguidas en 2012: 135 (12 novas e 123 empresas renovan a marca e que xa participaran anos anteriores)

Empresas distinguidas por sectores: 6 Axencias de viaxes; 1 albergue; 29 Aloxamentos Rurais; 5 Cámpings; 4 Comercios; 4 Empresas de Turismo Activo; 1 Escola de español para estranxeiros;1 Guía turísticos; 29 hoteis e apartamentos turísticos; 12 museos e centros de Interpretación turística; 10 oficinas de información turística; 2 Portos Deportivos; 6 praias; 9 restaurantes; 2 Servizos Turísticos de saúde; 11 Empresas de Transporte Turístico; 1 taxi; 2 de outros servizos. Para as empresas distinguidas existe unha promoción que consiste na entrega de diplomas acreditativos; entrega de placas, pegatinas, pins; Insercións publicitarias; Presenza en redes sociais; Presenza no portal público www.calidadendestino.es; Etc…

Na súa intervención, Louzán, suliñou que a calidade é un dos aspectos máis valorados polo turista á hora de elixir un destino <e por eso a Deputación apostou no ano 2005 pola implantación dun Plan de Calidade a nivel provincial que traballa na potenciación e mellora de todos os servizos turísticos do noso territorio>. Louzán lembrou que a de Pontevedra foi a primeira Deputación (pioneira a nivel nacional) que se sumou ó Sistema (SICTED) en España. <Nós entendemos a calidade non como sinónimo de luxo, senón de acadar a satisfacción e cubrir as expectativas do turista>, dixo.

Na actualidade, en España traballan no proxecto de implantación do SICTED 154 destinos turísticos cun total de 4.000 empresas distinguidas. Pontevedra atópase entre os destinos con máis empresas distinguidas.

O SICTED, entre outras ferramentas, conta con 30 Manuais de Boas Prácticas, un por cada oficio. Ofrece ás empresas adheridas un plan de formación, visitas de asistencia técnica por asesores homologados, talleres colectivos, grupos de traballo, etc, culminando todo coa entrega de distintivo de Calidade.

O presidente da Deputación lembrou que o Turismo constitúe un importante sector no eido da creación do emprego e riqueza <representa o 12% do PIB e ocupa na provincia a máis de 40.000 personas, por eso apostamos polo sector, porque significa xeración de riqueza, benestar e progreso>.

O presidente da Deputación, acompañado polos vicepresidentes Xosé Crespo e José Manuel Figueroa, así como polos alcaldes dos concellos con entidades galardonadas, felicitou ás empresas participantes polos esforzos que destinan para mellorar permanentemente e cumprir todos os requisitos esixidos para obter este recoñecemento. Un galardón que tén validez bianual, aínda que está condicionado a unha avaliación anual de seguimento.



COMARCA DE PONTEVEDRA (inclúe Moraña)
TR.OS CARBALLOS
BARRO
TR.Casa Vilalén
COTOBADE
E.Trazelcharter
POIO
H.HOTEL VILLA COVELO
POIO
H.Hotel Don Pepe
POIO
M.Centro Arqueolóxico da Caeira
POIO
O.T.OFI.TSMO-CASAL DE FERREIRÓS-CONCELLO POIO
POIO
TR.A REGA
POIO
M. Parque arqueolóxico arte rupestre
CAMPOLAMEIRO
TR. A Avoa María
CAMPOLAMEIRO
AAVV.Viajes Arany
PONTEVEDRA
ALB.Albergue de Peregrinos"Virgen Peregrina"
PONTEVEDRA
Com.Espirais
PONTEVEDRA
Com.Juncal Alimentación
PONTEVEDRA
G.Galaetur
PONTEVEDRA
H.HOTEL APARTAMENTOS DABARCA
PONTEVEDRA
H.HOTEL GALICIA PALACE
PONTEVEDRA
H.HOTEL PEREGRINA
PONTEVEDRA
H.HOTEL Hotel Room+Restaurante Room
PONTEVEDRA
O.T.OFICINA TURISMO-TURISMO RÍAS BAIXAS
PONTEVEDRA
O.T.Oficina de Turismo de Pontevedra
PONTEVEDRA
T.T.Autocares Viuda de Cándido
PONTEVEDRA
R.Alpendre dos Avós (Landín Hostelería s.l.u.)
PONTEVEDRA
S.T.S.Spabílate Balneario Urbano
PONTEVEDRA
TAXI-JOSÉ AURELIO VÁZQUEZ POSA
PONTEVEDRA
H.HOTEL RECTORAL DE COBRES-Q
VILABOA
H.Apartamentos Turísticos Cobres
VILABOA
TR.PAZO LARACHE
VILABOA
TR.Casa do Americano
VILABOA
TR.Casa Rural Os Areeiros
VILABOA
TR Pazo LA Buzaca
MORAÑA
TOTAL DISTINTIVOS: 31




No hay comentarios:

Publicar un comentario