A DEPUTACIÓN INGRESARÁ 10 MILLÓNS POLA VENTA DE 16 PARCELAS E 75.194 METROS CADRADOS DO POLÍGONO DE BARRO-MEIS A FRÓIZ E NOVAS RÍAS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 15 de noviembre de 2014

A DEPUTACIÓN INGRESARÁ 10 MILLÓNS POLA VENTA DE 16 PARCELAS E 75.194 METROS CADRADOS DO POLÍGONO DE BARRO-MEIS A FRÓIZ E NOVAS RÍAS



A Deputación de Pontevedra ingresará 10 millóns € pola venta de 16 parcelas e 75.194 euros do poligono industrial de Barro-Meis ás empresas Supermercados Fróiz (15) e Novas Rías (1).
Según informou hoxe en rolda de prensa o presidente da institución provincial, Rafael Louzán, o ingreso está comprendido dentro do pago aplazado co que se allearon parcelas do polígono.
Louzán indicou que hoxe tivo lugar a apertura da oferta económica das citadas empresas polo dereito de superficie e compra das parcelas do polígono. A oferta de Fróiz foi para 15 parcelas e 73.394 m2 cun canon anual de 457.850 €. A de Novas Rías é para unha parcela de 1.800 m2 e un canon de 344.00 euros. O tipo base da venta das parcelas é de 105 € o metro cadrado.
Froiz instalará en 73.394 m2 dúas naves de almacenamento de produtos secos e frescos, un almacén de palés, un edificio para comedor e vestiarios, un tren de lavado de camións, despacho de gasoil e dúas zonas axardinadas de máis de 4.000 metros. E Novas Rías, un garaxe-almacén nunha parcela de 1.800 metros.
Coas novas adquisicións, o parque industrial ten unha ocupación de 97.000 metros, preto do 50%. Cos 22.000 m2 xa adquiridos por outras empresas, a ocupación do polígono hoxe é de 97.194 metros, preto do 50% pois o parque industrial ten unha superficie total de 261.000 metros (hai que descontar viais, servizos, etc.).
Novo prazo de compra ao longo do 2015
Louzán explicou que, a partir do vindeiro 1 de xaneiro _en vista de que novas empresas se interesaron por parcelas do polígono unha vez rematado o concurso anterior o pasado 3 de novembro_ a Deputación abrirá un novo prazo, que estará vixente ao longo de todo o ano, para que as empresas que o soliciten poidan acceder á compra dunha parcela nas mesmas condicións que agora están vixentes, é decir 105 euros o metro cadrado.
O presidente da Deputación afirmou que o polígono de Barro-Meis será un polo de atracción de empresas e para a creación de emprego pois a ubicación nel de Supermercados Fróiz actuará de locomotora para a implantación de novas empresas, moitas delas complementarias da súa actividade.
<En Barro-Meis fixemos unha grande inversión e hoxe xa está o 50% da súa superficie ocupada, non buscamos beneficios senón non perder e xerar emprego e riqueza, polo que estou seguro de que, ao remate do proceso, reintegraremos á Deputación a inversión feita>, conclueu.




No hay comentarios:

Publicar un comentario