A DEPUTACIÓN TRAMITA XA UN NOVO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL PARA 200 TITULADOS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 17 de noviembre de 2014

A DEPUTACIÓN TRAMITA XA UN NOVO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL PARA 200 TITULADOS



Os concellos teñen ata o 20 deste mes para solicitar bolseiros
·       Cada concello poderá dispor de 1 a 5 titulados, en función da súa poboación
·       Unha vez definidas as titulacións demandadas, procederase a convocar as bolsas
·       O obxectivo é que os beneficiarios das bolsas poidan estar realizando as súas prácticas nos primeiros meses de 2015
A Deputación de Pontevedra iniciou xa a tramitación dun novo Plan de Práctica Laboral que beneficiará a 200 titulados universitarios e de FP que desenvolverán o seu labor na administración local.
Así o anunciou esta mañá o presidente da institución, Rafael Louzán, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, onde subliñou que os concellos teñen de prazo ata o 20 de novembro para presentar as solicitudes de bolseiros.
Cada concello terá dereito a entre 1 e 5 bolseiros, dependendo da súa poboación e o obxectivo e que nos próximos días poidan ir detallando o perfil dos bolseiros que demandan para, de seguido, convocar as prazas.

Habitantes
Bolseiros
Menos de 5.000
1
De 5001 a 10.000
2
De 10.001 a 15.000
4
De 15.001 a 50.000
5

Os concellos deberán presentar un proxecto de práctica laboral no que se especifique a titulación demandada, as tarefas que vai realizar o bolseiro, o centro de traballo no que vai prestar servizo, o horario, o sistema de titorías da formación práctica e os criterios de avaliación dos resultados.
Unha vez rematado o prazo de solicitudes e definido o perfil dos bolseiros, procederase a convocar as bolsas por titulacións, para que os mozos e mozas titulados e sen experiencia previa poidan presentarse.
As bolsas oscilarán entre os 700 e 800 euros e concederanse por un período de 6 meses prorrogables por outros seis.
O obxectivo é que os 200 mozos e mozas poidan comezar a súa formación práctica nos primeiros meses de 2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario